Control sobre o cumprimento das sentenzas contra as cláusulas bancarias abusivas

Control sobre o cumprimento das sentenzas contra as cláusulas bancarias abusivas

Control sobre o cumprimento das sentenzas contra as cláusulas bancarias abusivas

A portavoz de Economía e Facenda do Grupo Socialista Begoña Rodríguez Rumbo reclamoulle hoxe ao goberno galego que “controle” o cumprimento por parte dos bancos das sentenzas que anulan cláusulas abusivas nos créditos hipotecarios. A responsable socialista presentou unha pregunta en Comisión sobre as previsións de apoio aos afectados por estas cláusulas.

A deputada socialista reclamoulle ao goberno galego que explique “qué actuacións ten previsto levar a cabo” para “apoiar” aos usuarios nas súas reclamacións de devolución dos gastos hipotecarios declarados nulos pola xustiza. Reclamou a negociación coas entidades dun código de devolución destes gastos co obxecto de “facilitar e acelerar a devolución das contías cobradas indebidamente”.

Tamén instou ao Executivo galego a reclamarlle ao Goberno central un proceso de axilización, control e responsabilidade corporativa por parte do sector bancario ante as demandas das persoas usuarias afectadas polos gastos hipotecarios.

A deputada socialista criticou que a Xunta “se limite a observar como se desenvolven os acontecementos”, despois de que o Tribunal Supremo declarase como abusivas unha serie de cláusulas dos contratos bancarios e o Goberno central aprobase un Real Decreto de medidas urxentes de protección para os consumidores perxudicados.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar