Control político dos informativos da CRTVG

Control político dos informativos da CRTVG

Control político dos informativos da CRTVG

O portavoz do Grupo Socialista na Comisión de Control da CRTVG, Luis Álvarez, denunciou hoxe que “quen manda nos informativos da CRTVG é a Secretaría Xeral de Medios da Xunta, non o director xeral nin o Consello de Administración”. Así o dixo logo de que o PP vetara unha proposición de Lei do Grupo Socialista para desblo quear o cumprimento da Lei de Medios Públicos de Comunicación de Galicia.

O responsable socialista criticou que o goberno galego teña sen aplicar a dita lei seis anos despois da súa aprobación na Cámara autonómica, bloqueando o nomeamento do director xeral polo Parlamento así como a posta en marcha de tódolos instrumentos de garantía da obxectividade e pluralismo na corporación.

Álvarez censurou o control político dos medios públicos de comunicación, e presentou como exemplo o documento oficial asinado pola propia secretaria xeral de Medios e no que, por primeira vez en 20 anos, o goberno galego desaconsellaba a aprobación dunha Proposición de Lei do Parlamento.

Así, a proposta socialista establece un prazo de seis meses para renovar ao actual director xeral de medios, cunha nova proposta que deberá ser aprobada polo Parlamento de Galicia. Advertiu que o actual responsable do ente “prégase ao control político” dende o goberno galego, para despois “vir ao Parlamento a recoñecer erros, pero –engadiu- non se pode aducir que tanto erro sexa froito da casualidade”.

Tamén reclamou a publicación do contrato – programa que “non interesa porque limitaría considerablemente a capacidade de actuación política” da CRTVG, obrigando a render contas e facendo “difícil escapar de xustificacións e esixir explicacións”. Ademais criticou a ausencia dun estatuto profesional dos traballadores para garantir a “independencia necesaria” dos profesionais.

Tampouco conta, dixo, cun Consello de Informativos que garanta a pluralidade e neutralidade, así como da Autoridade Audiovisual de Galicia que, ironizou, “non fai falla porque xa contan con suficientes mecanismos de control”. Estes órganos permitirían evitar o “bochornoso espectáculo” duns informativos considerando “normal” que o presidente do goberno teña que comparecer diante dos xulgados.

Luis Álvarez lamentou o veto do PP a esta proposta, e acusouno de “cambiar de criterio” sobre este asunto, despois de que en 2014 aprobara unha proposición non de Lei do Grupo Socialista precisamente nos mesmos termos que hoxe rexeitaron.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar