"Control e mangoneo" das direccións dos centros educativos por parte do PP

"Control e mangoneo" das direccións dos centros educativos por parte do PP

"Control e mangoneo" das direccións dos centros educativos por parte do PP

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, denunciou o “control e mangoneo” das direccións dos centros por parte do PP. O responsable socialista presentou unha pregunta na Comisión de Educación sobre o proceso de renovación dos consellos escolares, ninguneados deliberadamente para condicionar a selección de directores de escolas e institutos.

Advertiu que da deliberada intromisión do poder político na recente convocatoria de concurso de méritos para a selección e nomeamento das direccións dos centros, que afecta a 180 centros de toda Galicia. O proceso de “politización dos centros e o encanallamento do seu funcionamento diario”, dixo, coincide co novo papel dos consellos escolares, apartados do proceso de renovación das direccións”.

Vicente Docasar acusou ao goberno galego de intervir na selección de directores e directoras “premiando aos mais obedientes e castigando aos mais reivindicativos” nunha nada disimulada estratexia de “pasar dunhas direccións fortemente democráticas a outras fortemente politizadas”. Criticou que “venden un modelo supostamente democrático cando na práctica o que se pretende é nomear direccións obedientes e vasalas”.

Lomce

Denunciou que “non lles pareceu suficiente impoñer unha Lomce que rexeitaban profesores, familias, estudantes e sindicatos do ensino, que agora terán que ver tamén cómo lles impoñen unhas direccións fortemente politizadas e mediatizadas polos gobernantes de turno”. Sinalou que “conseguirán probablemente directores e directoras obedientes e sen capacidade de rechistar, pero non mellores”.

O deputado socialista esixiulle hoxe ao goberno galego que presentara o número exacto de directores e directoras de centros elixidos polas comisións de selección e o número total deles que tiveron que ser nomeados pola Consellería de Educación. Acusounos de intentar por tódolos medios que o último proceso de renovación de consellos pasara desapercibido.

Bus escolar

Por outra parte, Docasar reclamoulle aVicente Docasaro goberno galego que habilite unha parada de bus escolar na urbanización Campos de Mirabel, no concello de Teo. Lembrou que as nais e pais da escola A Igrexa de Calo levan catro anos advertindo da perigosidade para o traslado a pé da estrada entre a urbanización e o CEIP.

Docasar sinala que actualmente dita urbanización conta cun total de 67 nenos e nenas en idade escolar, entre 0 e 12 anos, abocados a un desprazamento ata a súa escola a través dunha estrada sen beirarrúas e un centro educativo que non está habilitado para acoller aos vehículos privados nos horarios de entrada e saída.

O responsable socialista levou á Comisión de Educación esta demanda, trasladada directamente polas nais e pais da escola, que reclaman “solucións antes de que teñamos que lamentar algún accidente precisamente pola perigosidade do traxecto entre a urbanización e o colexio”.

Concello de Teo

Instou ao goberno galego a “gobernar escoitando con atención o que nos están a dicir os cidadáns e cidadás”, que presentan unha proposta “razoada e razoable”, ata o punto de que unha iniciativa neste sentido presentada polo Grupo Socialista foi aprobada hai uns días por unanimidade no pleno do Concello, incluíndo aos representantes do PP.

Reclamoulle que habiliten unha solución a esta situación “polas familias teenses que levan mais de catro anos pedindo isto, e tamén para non deixar en evidencia aos seus propios compañeiros de partido que votaron a favor desta iniciativa”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar