Contratacións espurias en Turismo de Galicia

Contratacións espurias en Turismo de Galicia

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, alertou hoxe de “actuacións espurias” nas contratacións de Turismo de Galicia, que de 94 contratos convocados, 54 foron sen publicidade e só 31 saíron publicados no DOG. Así o dixo no debate dunha pregunta oral en Comisión sobre a contratación de feiras pola S.A. de Xestión do Xacobeo en 2013.

Utilizou este caso como exemplo dunha contratación na que a administración impón criterios subxectivos de “decoración, calidez ou efectividade” por enriba dos criterios económicos, en contra das recomendacións do Consello de Contas.

A Xunta elimina así unha serie de empresas cunha oferta máis económica que a da adxudicataria, e que logo de adquirido o contrato viu cómo gradualmente se incrementa o orzamento orixinal, en algúns casos duplicando a contía orixinal.

Esta mesma empresa, dixo, recibiu un total de 16 adxudicacións do goberno galego nos últimos 3 anos, “12 delas da mesma Consellería e co mesmo obxecto, o que denota unha encomiable capacidade para actuar nos concursos”.

Méndez Romeu sinalou que estas prácticas van contra a libre competencia entre as empresas, e coincide coas advertencias feitas públicas pola Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia, que reclama unha contratación máis transparente e eficiente, así como de desviacións do orzamento adxudicado sempre a favor das empresas.

Advertiu que a xeneralización de “criterios ambiguos e discrecionais” e “avaliacións subxectivas e escuras” na contratación pública “está na raíz de casos como o de Valencia, a Púnica, a Gürtel, o Canal Isabel II”. Sinalou tamén prácticas directamente contrarias ás empresas autóctonas, como son as “privatizacións a gran escala” dos servizos complementarios da sanidade “para dárllelos a consorcios alleos a Galicia”.

Pleno do parlamento

Pleno do parlamento

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar