Contra a violencia de xénero

Contra a violencia de xénero

Contra a violencia de xénero

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia amosou hoxe a súa repulsa polos asasinatos por violencia de xénero rexistrados nas últimas horas. Os cargos públicos e orgánicos do PSdeG-PSOE participaron hoxe nas concentracións convocadas polos dous asasinatos de mulleres rexistrados esta semana en Galicia.

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Noela Blanco, foi a encargada de dar voz aos socialistas galegos nesta xornada de loito para trasladar o apoio á familia e achegados das vítimas e para reclamar máis medios xudiciais, máis política de Igualdade e unhas medidas de protección realmente eficaces.

Blanco puxo o acento na xuventude das vítimas, que sinala, dixo, “o noso fracaso como sociedade” e que apunta a un “futuro inmediato moi preocupante”. Engadiu que “urxe poñer todas as medidas de que dispoñamos para frear esta lacra e garantir a igualdade, a xustiza e a seguridade para tódalas mulleres galegas”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar