Contra a segregación das centrais eléctricas de Ferroatlántica en Cee e Dumbría

Contra a segregación das centrais eléctricas de Ferroatlántica en Cee e Dumbría

Contra a segregación das centrais eléctricas de Ferroatlántica en Cee e Dumbría

O portavoz de Orzamentos, Industria e I+D do Grupo Socialista, Abel Losada, reclamoulle hoxe á Xunta que rexeite o proceso de segregación das centrais eléctricas ligadas ás fábricas de Ferroatlántica en Cee e Dumbría. Así o dixo logo unha xuntanza no Parlamento co Comité de Empresa na que tamén participou a portavoz socialista da Costa da Morte, Loli Toja.

Losada advertiu da “enorme preocupación” dos traballadores pola estratexia da empresa de Villar Mir de “segregar e vender as centrais eléctricas”, confirmando o “espolio dos recursos produtivos, industriais e naturais desta Comunidade Atuónoma”. A súa venda provocaría un “problema económico de viabilidade” para as factorías, facéndoas vulnerables ás variacións dos prezos da enerxía, e un “ataque brutal á economía da comarca” xa que supoñen o 25 por cento do seu PIB.

Os socialistas galegos amosaron a súa “oposición radical” á venda, e instou á Xunta a que se opoña a esta estratexia empresarial, xa que do contrario, explicou, “deberá explicar por qué antepón os intereses de Villar Mir aos intereses xerais da Comunidade Autónoma, dos traballadores e de toda a comarca.

Losada anunciou unha batería de iniciativas parlamentarias e, dixo, “agardamos que o PP se sume a estas iniciativas e amose o rexeitamento unánime do Parlamento ao proceso de venda e ataque á industria da Costa da Morte.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar