"Contables sen alma" no Goberno galego que impiden retirar o copago aos pensionistas

"Contables sen alma" no Goberno galego que impiden retirar o copago aos pensionistas

“Contables sen alma” no Goberno galego que impiden retirar o copago aos pensionistas

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, cualificou hoxe ao PP de “contables sen alma” logo de que estes anunciaran o veto á supresión do copago para pensionistas con poucos recursos. Os socialistas galegos reclamaron esta medida a través dunha proposición non de Lei que foi debatida hoxe e será votada mañá no Pleno do Parlamento de Galicia.

Criticou que o PP “non coñece a realidade, non son realistas” ao decidir financiar a sanidade pública cun “imposto por vellos e enfermos”, como cualificou á imposición dun copago “inxusto, ineficaz e ineficiente”. Lembrou que a cidadanía xa financia a sanidade a través dos impostos para que o goberno lle teña obrigado a pagar aos maiores un mínimo de 96 euros ao ano por medicamentos cando as pensións só subiron 15.

O responsable socialista lembrou ademais o rexeitamento frontal a este mecanismo dende colectivos sanitarios, representantes políticos, sindicatos ou pacientes, aos que a ministra de Sanidade lles respondeu coa “irresponsable ameaza” de incrementar estes copagos.

Torrado criticou a “inxustiza” deste modelo de financiamento, que rompe co dereito á atención sanitaria, ademais de resultar ineficaz e ineficiente, xa que fracasa no seu obxectivo de reducir o número de receitas e acerta ao aumentar o aforro sanitario. Explicou que esta última consecuencia é un fracaso porque supón “aforrar a costa de que paguen os enfermos”.

Presentou unha proposta “razoada, razoable e posible” dirixida á supresión progresiva do copago farmacéutico que remate na eliminación desta medida “para tódalas persoas pacientes do Sergas”.

Con esta iniciativa reclamou un plan inicial de reversión do copago farmacéutico “que comece por asumir por parte da administración o custe dos medicamentos para as e os xubilados con pensións menores de 800 euros ao mes”, que supoñen máis do 75 por cento do total dos pensionistas de Galicia.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar