Consulta á militancia: A Comisión Electoral refrenda as candidaturas de Vázquez e Gómez Besteiro

Consulta á militancia: A Comisión Electoral refrenda as candidaturas de Vázquez e Gómez Besteiro

Consulta á militancia: A Comisión Electoral refrenda as candidaturas de Vázquez e Gómez Besteiro

A Comisión Electoral do PSdeG-PSOE ven de comprobar que tanto José Ramón Gómez Besteiro como Manuel Vázquez Vázquez superaron o número de avais necesarios para seren proclamados precandidatos no proceso de primarias dos socialistas galegos.

Os e as militantes do PSdeG-PSOE escollerán entre ambas alternativas ao candidato á secretaría xeral e aos delegados que participarán no Congreso Extraordinario que esta formación política celebrará en Santiago o vindeiro 29 de setembro.

O Secretario de Organización, Pablo García, informou en nome da Comisión Electoral de que se presentaran tres comunicacións de concorrencia a esta convocatoria, as dos xa mencionados e a dun militante de Vilagarcía que non presentou avais.

José Ramón Gómez Besteiro presentou un total de 5.473 avais, dos que foron validados pola Comisión Electoral 5.189. Dos 284 rexeitados, 191 o foron por non constar no censo, 9 aparecían duplicados en ambas candidaturas e 84 eran repetidos.

Manuel Vázquez Vázquez presentara 1.422 avais, dos que se validaron 1.307. Aparte dos 9 duplicados, a comisión detectou 84 que non constaban no censo e 22 repetidos.

O responsable de Organización do PSdeG salientou a alta participación da militancia neste proceso de recollida de avais, que superou o 50%, motivo polo que “debemos felicitarnos”, dixo. Tamén salientou García a exemplar corrección e a “normalidade absoluta” con que se está a desenvolver o proceso e o comportamento dos precandidatos, presidido en todo momento polo “respecto mutuo”.

A Comisión Electoral tamén aprobou “outras cuestións de intendencia” relacionadas coa votación do vindeiro día sete de setembro, tales como o calendario de campaña (do 28 de agosto ao 6 de setembro), o modelo de papeleta de votación, o de acta electoral, interventores e os lugares de votación para as agrupacións de menos de 5 militantes.

O día sete de setembro os colexios electorais nas sedes das agrupacións estarán abertos de 12 do mediodía ata as 20:00h. Logo do reconto coñecerase o precandidato mais votado, se ben a súa proclamación oficial demorarase dous días para cumprir coas garantías en caso de reclamación.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar