Constitúen un grupo de traballo para facer seguimento dos incendios e da PAC

Constitúen un grupo de traballo para facer seguimento dos incendios e da PAC

Constitúen un grupo de traballo para facer seguimento dos incendios e da PAC

A portavoz de Medio Rural, Ana Doval, explicou que as secretarías de Medio Rural, Industria, Emprego e Medio Ambiente da Comisión Executiva Nacional Galega traballarán conxuntamente nas próximas semanas

A executiva de Medio Rural constituíu un grupo de traballo que establece dúas prioridades, a Política Agraria Común (PAC) e o seguimento da tempada alta de incendios. A portavoz de Medio Rural do grupo socialista, Ana Doval, asegurou que este grupo de traballo vai a elaborar un “programa de goberno” que presentará cando se convoquen as próximas eleccións autonómicas.

Os socialistas farán un seguimento exhaustivo dos traballos de prevención e extinción de incendios e da política informativa de Medio Rural nesta materia ante o “recorte drástico” de fondos do goberno galego. Doval asegura que será “un verán duro para a comunidade”. Ademais, a executiva de Medio Rural levará a cabo a defensa dos gandeiros, xa que Galicia verase afectada “negativamente” polos recortes a nivel nacional que afecta a dito colectivo.

O grupo de traballo recentemente constituído realizará charlas e foros de debate con carácter comarcal, naquelas comarcas vinculadas a ditos problemas. No mes de setembro terá lugar unha xornada de debate sobre os retos de Galicia coa PAC.

Nas próximas semanas, o grupo de traballo constituído pola executiva de Medio Rural traballará conxuntamente coas Secretarías de Industria, Emprego e Medio Ambiente da Comisión Executiva Nacional Galega. Os socialistas manifestan que a crise no Medio Rural abarca “bastantes vertentes” e hai que traballar “dende a unión”.

A portavoz de Medio Rural do grupo socialista, Ana Doval, asegura que analizarán e estudarán “o impacto da crise no medio rural”, tanto no relativo ao desemprego derivado da paralización do concurso eólico ou do traslado a países asiáticos da produción téxtil ata asuntos de actualidade como os abonos con lodos de depurados, o auxe da agricultura ecolóxica ou a necesidade dunha regulación sostible dos cultivos forestais no monte galego.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar