Consideran unha “irresponsabilidade” que a Xunta paralice o exercicio orzamentario a 30 de setembro

Consideran unha “irresponsabilidade” que a Xunta paralice o exercicio orzamentario a 30 de setembro

Consideran unha “irresponsabilidade” que a Xunta paralice o exercicio orzamentario a 30 de setembro

A interventora xeral da Xunta certifica no Parlamento o peche do exercicio orzamentario a 30 de setembro

María José Caride advirte que a Xunta confirmou hoxe que dende o 1 de agosto ata final de ano tan só aceptaron o pago de compromisos polo 6,2 por cento do orzamento

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Socialista, María José Caride, cualificou de “irresponsabilidade” que a Xunta teña pechado o exercicio orzamentario de 2011 a 30 de setembro. No debate dunha pregunta oral en Comisión, a responsable socialista advertiu que a esta estratexia para cadrar as contas “chámaselle paralización”.

Caride advertiu que a Xunta ten confirmado hoxe esta manobra contable pola que provocan o peche anticipado das contas da Xunta, co que só asumiron o pago de actuacións certificadas antes do 30 de setembro. Así provocaron que dende o 1 de agosto ata final de ano tan só foi comprometido o pago do 6,2 por cento das actuacións, 62 millóns de euros dos 987 de orzamento vixente de 2012.

Criticou que a Xunta tan só deixou o orzamento da Xunta vixente durante 9 meses, e a partir de entón “botaron a chave e pecharon a porta da Xunta para que as facturas queden nos caixóns das empresas” negando a entrada “a calquera que non traia unha certificación de obra” emitida antes de setembro. Acusou á Xunta de cumprir co déficit público a costa das empresas e das familias galegas que son as que teñen que financialo”.

A parlamentaria socialista explicou que, de acordo cos datos da Xunta, nos últimos cinco meses do ano só pagaron 145 millóns de euros dun total de 987, o 14 por cento do crédito vixente. Sinalou que esta situación “evidencia a total paralización dos investimentos directos da Xunta de Galicia duranet os 5 meses do ano de maior dificultade económica, o que sen dúbida ten consecuencias na recesión económica iniciada no último trimestre de 2011”.

Sinalou que, con esta orden, “na practica a Xunta non pode adquirir un novo compromiso de gasto dende o 30 de setembro ata final de ano” e o pecha “a tódolos efectos se pecha” e impide licitar obra nova, co que non foron comprometidas ordes de pago nin novos programas de subvencións.

Caride lembrou que a Xunta eludiu remitirlle ao Grupo Socialista a documentación solicitada por escrito sobre os pagos realizados polo goberno galego no segundo semestre de 2011, malia que debera telas remitido antes do pasado domingo, de acordo cos prazos fixados por Lei.

Explicou que os socialistas reclamaron estes datos logo de coñecer por boca do presidente da Xunta que entre xaneiro e abril o Goberno galego tería que pagar 1.500 millóns de euros de facturas adiadas do ano anterior. Dixo que o presidente da Xunta ten provocado esta situación logo de adiantar o peche dos exercicios orzamentarios sucesivamente dende a súa chegada á Xunta.

Esta estratexia, que cualificou de “irresponsable”, provoca que no peor da crise económica a Xunta só teña licitado entre o 30 de setembro e o final de ano o 3,79 por cento das obras públicas, de acordo cos datos de Seopan. Sinalou que o habitual é acadar entre o 19 e o 25 por cento, como se ten rexistrado noutros exercicios orzamentarios e noutras comunidades autónomas.

Datos da Xunta

Caride explicou que, de acordo cos datos ofrecidos hoxe pola interventora xeral da Xunta, dos 987 millóns de euros de crédito vixente para 2011, a Xunta só pagou nos últimos 5 meses, dende o 1 de agosto ao 31 de decembro de 2011, 145 millóns de euros, o 14 por cento do total.

Isto pon de manifesto que o peche de exercicio a 30 de setembro supón que a Xunta “non certificou nin un euro do capítulo VI –investimento directo- a partir desta fecha, deixando as facturas no caixón das empresas”. Engadiu que “en lugar de axudar ás empresas e pagar en tempo, nin sequera se permite que poidan negociar os compromisos de pago nas entidades financeiras, xa que non se certifican as obras”.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar