Consideran unha barbaridade a supresión de plantas xudiciais en Pontevedra prevista no Plan de Reforma

Consideran unha barbaridade a supresión de plantas xudiciais en Pontevedra prevista no Plan de Reforma

Consideran unha barbaridade a supresión de plantas xudiciais en Pontevedra prevista no Plan de Reforma

A Secretaria de Dereitos e Liberdades do PSdeG-PSOE, Marta Giráldez, considera o proxecto “un ataque frontal ao Estado de Dereito”

Acusa aos populares de introducir o copago na Xustiza a través da reforma das taxas

A Secretaria de Dereitos e Liberdades do PSdeG-PSOE, Marta Giráldez, ven de manifestar que os socialistas galegos “consideramos unha barbaridade” o Proxecto de Reforma da Planta Xudicial, por canto na provincia de Pontevedra, “pasaríamos de 13 plantas a cinco”. Giráldez considera que nos atopamos con “un ataque frontal ó Estado de Dereito”.

Esta reforma, continúa a responsable de Dereitos de Liberdades da Executiva do PSdeG, suporá que a Xustiza afástase máis se cabe dos xusticiables. Propón como exemplo que veciños de A Estrada terían que desprazarse aos xulgados de Pontevedra, os de Redondela a Vigo. Así mesmo advirte da polémica que se abriría sobre a sede para aloxar a fusión dos xulgados de Cambados e Vilagarcía.

Dende o PSdeG, consideran que a calidade da Administración de Xustiza non se mellora coa supresión de xulgados, senón “coa creación de novos xulgados”, dotando ós actuais de mais e mellores medios, coa informatización adecuada dos tribunais ou coa mellora da planta xudicial, que optimice a carga de traballo. “Parece que dende o Goberno non saben como facelo”, afirma Girákdez, polo que lle recomenda “que boten man da lei que o anterior Goberno do Partido Socialista deixou xa redactada”, non tendo mais que proceder a aprobación da mesma.

A optimización da Administración de Xustiza “non a deciden os xuíces”, dí a dirixente socialista que asevera que “atopámonos ante unha proposta que non ten valor algún”. Dende o PSdeG pretenden trasladar á cidadanía, así como os profesionais do Dereito (avogados e procuradores), sobre todo os que exercen en pobos, onde agora se propón que desaparezan os xulgados, que “estamos con eles e que poñémonos á súa disposición para loitar xuntos a fin de que esta proposta non deixe de ser o que é, unha mera proposta que debe quedar no papel”, dixo.

REFORMA DO SISTEMA DE TASAS XUDICIAIS

A responsable da área de Dereitos e Liberdades do PSdeG, amosou o total desacordo da súa formación política “con esta reforma do Goberno que ven a implantar o COPAGO na Administración de Xustiza”, e que, co pretexto de combater o exceso de litixiosidade, o “único que pretende e recadar”.

A devandita reforma, que segundo o Goberno trata de aliviar a carga de traballo que soportan os tribunais, “ataca frontalmente o principio constitucional da TUTELA XUDICIAL EFECTIVA”, pois, explica Giráldez, “priva ós cidadáns con rendas medias o acceso a xustiza”. Para una reclamación nun xuízo ordinario (por exemplo para reclamar vía civil os danos e prexuízos que se lle causan a unha persoa a consecuencia dun accidente de circulación), os cidadáns terían que abonar 300 euros pola presentación da demanda, 800 pola presentación do recurso de apelación se a sentenza non e favorable, “o que consideramos unha auténtica aberración”, conclúe.

A pretensión do Goberno, segundo o PSdeG, é que os cidadáns deixen de reclamar os seus dereitos, “polo que a Xustiza e o Estado de Dereito perden”, impoñéndose a Economía á Leo, “algo que atopará a oposición frontal do Partido Socialista”, afirma Giráldez.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar