Consideran “sorprendente” que o PP rexeite a comparecencia de Feijóo sobre as políticas de emprego no pleno do Parlamento

Consideran “sorprendente” que o PP rexeite a comparecencia de Feijóo sobre as políticas de emprego no pleno do Parlamento

Consideran “sorprendente” que o PP rexeite a comparecencia de Feijóo sobre as políticas de emprego no pleno do Parlamento

José Luis Méndez Romeu dedicará a súa primeira pregunta ao presidente como portavoz do Grupo Socialista á incidencia dos orzamentos da Xunta no crecemento económico

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, considerou hoxe “sorprendente” que o PP teña rexeitado a proposta do PSdeG de que Feijóo compareza no próximo Pleno sobre as políticas de emprego da Xunta. Así o dixo logo da Xunta de Portavoces que fixou a orde do día do Pleno do Parlamento da próxima semana.

O responsable socialista reclamáballe ao presidente da Xunta que dera conta diante do Pleno das políticas de emprego “das que non falou no pasado debate do Estado da Autonomía, do que se negou a aceptar nas propostas de resolución do PSdeG e dea conta da súa visión da situación”. Criticou que a maioría do PP teña vetado un debate específico sobre os 280.000 desempregados que actualmente hai en Galicia.

Méndez Romeu reclamoulle ao presidente da Xunta que “fale do que atinxe á cidadanía”, en lugar dos anuncios emitidos “tódolos días polo PP pedindo que no encontro entre Feijóo e Besteiro falen da redución do número de deputados”.

O portavoz do Grupo socialista explicou que as iniciativas presentadas polo PSdeG no próximo debate centraranse nas políticas que debe aplicar para iniciar o proceso de creación de emprego, acadar o compromiso da Xunta na defensa dos servizos públicos e a recuperación económica.

Neste sentido, Méndez Romeu dedicará a súa primeira pregunta ao presidente da Xunta como portavoz parlamentario á incidencia dos orzamentos da Xunta na recuperación económica de Galicia. Os socialistas presentarán tamén unha interpelación sobre o desinterese do goberno galego coa industria galega, que leva perdido un de cada catro postos de traballo.

Os socialistas galegos tamén presentaron unha pregunta oral sobre o “engano sistemático” nos orzamentos do goberno galego, nomeadamente sobre o estado de execución da autopista da Costa da Morte, que queda excluída das contas de investimentos presentadas polo goberno galego.

Servizos públicos
Méndez Romeu criticou que o PP teña rexeitado tamén a solicitude de comparecencia da conselleira de Sanidade para dar conta da maquillaxe nas listas de espera. Sen embargo si que terán que debater unha proposta socialista para rexeitar o pago de medicamentos de farmacia hospitalaria para os enfermos crónicos, e o goberno deberá explicar a desaparición do servizo de cirurxía pediátrica das urxencias do hospital de Ourense.

O responsable socialista explicou tamén que o Grupo Socialista presentará unha proposta para que o Parlamento debata e vote sobre a derrogación do decreto que impón o copago nos comedores escolares. Tamén será debatida unha proposta en contra o sistema de pensións anunciado por Rajoy que prexudicará as condicións de vida de tódolos pensionistas galegos.

Finalmente, sinalou que o PSdeG presentará unha moción para a mellora da transparencia na Xunta de Galicia, que inclúe a comparecencia de Feijóo na comisión de Estudo da Corrupción e que o goberno galego aporte a documentación sobre os pagos irregulares ao PP de empresas adxudicatarias do goberno galego.

Neste sentido, os socialistas trasladaron hoxe unha protesta formal polas respostas do goberno galego ás preguntas dos parlamentarios, por canto “non entregan a documentación requirida, e no seu caso as respostas resultan lesivas contra quen as formula”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar