Consideran que a autocomplacencia da Xunta sobre a Lei da Dependencia supón “un insulto para as 76.794 persoas en lista de espera só en Galicia”

Consideran que a autocomplacencia da Xunta sobre a Lei da Dependencia supón “un insulto para as 76.794 persoas en lista de espera só en Galicia”

Consideran que a autocomplacencia da Xunta sobre a Lei da Dependencia supón “un insulto para as 76.794 persoas en lista de espera só en Galicia”

Beatriz Sestayo acusa á conselleira de Traballo e Benestar de “destrozar” a Lei de Dependencia para privatizar o servizo e recoméndalle que “vaia á Eurocopa onde Rajoy, porque aquí xa ten tódolos deberes feitos”

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, sinalou que a “autocomplacencia” da Xunta sobre a Lei da Dependencia supón “un insulto para as persoas dependentes e para Galicia” por canto incrementaron un 400 por cento as listas de espera, ata as 76.794 persoas. Así o dixo na comparecencia da conselleira de Traballo e Benestar hoxe no Pleno do Parlamento.

Sestayo criticou que a conselleira se amose “feliz e contenta” mentres Galicia é a segunda autonomía coa maior lista de espera do Estado. Sinalou que “resulta difícil de entender a súa autocomplacencia mentres están destrozando a Lei da Dependencia e os servizos sociais, deixando illadas ás persoas maiores e discapacitados dependentes aos que arquivan os expedientes e “fronte a iso nos falan de privatización”.

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista lembrou as duras críticas de Feijóo á aplicación da Lei de Dependencia na anterior lexislatura, cando había 16.000 persoas en espera, e anunciaba a atención a todos eles en 120 días. Apuntou que a realidade é que logo de tres anos e medio de xestión do PP incrementáronas ata as 76.794, de acordo cos datos do Goberno central.

Recomendoulle á conselleira, en ton irónico, que “xa pode ir á Eurocopa onde Rajoy porque ten tódolos deberes feitos e está todo solucionado”. Neste sentido, lembrou que o presidente do Goberno cualificou de “irresponsabilidade” a Lei da Dependencia, mentres a exconselleira Currás propoñía a súa suspensión e “efectivamente, cando chegou Rajoy suspendeu os novos tramos da Dependencia no seu primeiro Consello de Ministros.

Incompetente e prepotente

A responsable socialista cualificou de “incompetente e prepotente en termos políticos” á conselleira de Benestar por ter privatizado o servizo e elevado as tarifas entre un 40 e un 90 por cento, facendo “inviable” para as rendas medias e baixas acceder a este servizo. Ironizou sobre o feito de que anuncie “un modelo mais sostible e eficaz que deixa ás persoas na rúa e aos dependen tes nas súas camas sen axuda a domicilio.

Sestayo engadiu que a xestión de Feijóo ten provocado que “milleiros de persoas non poden acceder a este servizo por telo privatizado e elevado os prezos nun auténtico tarifazo que lles pediron as empresas privadas e algunha fundación moi cercana ao PP”. Mentres tanto, puntualizou, os habitantes dun país envellecido que viven soas quedan sen axudas e os concellos están asfixiados polo estrangulamento das transferencias da Xunta.

Acusou á conselleira de ter “disfrazado e manipulado os datos” sobe a atención aos dependentes para agochar o seu fracaso na atención aos dependentes, onde non puideron cumprir unha soa proposta mentres hoxe lanzan propostas electorais, ao “anunciar un expediente dixital que xa prometeu hai 3 anos e medio” nos que non puido poñelo en marcha.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar