Consideran “puramente electoral” que Feijóo anuncie agora o mantemento da cobertura sanitaria aos inmigrantes sen papeis

Miguel Ángel Fernández chama á “prudencia” e “esperar ao DOG de mañá” para coñecer o “reverso” da promesa de Feijóo

O responsable de Sanidade da Executiva do PSdeG-PSOE, Miguel Ángel Fernández, advertiu que o anuncio de Feijóo de manter a cobertura sanitaria a inmigrantes sen papeis resulta un “anuncio puramente electoral”. Si ben saúda a iniciativa anunciada hoxe, chama á “prudencia” para coñecer a suposta orde que será publicada mañá no DOG.

Dixo que “o recurso habitual á mentira do presidente da Xunta obríganos a ser escépticos e ver a publicación oficial con lupa” para coñecer o “reverso” da promesa de Feijóo porque, apunta, hoxe “tan só nos ofreceu unha nota de prensa sen ningún tipo de valor mais alá do papel no que está escrita”.

En calquera caso, deulle a “benvida” ao anuncio de Feijóo de manter a cobertura sanitaria a este colectivo “aínda que tan só sexa por motivos puramente electorais”. Salientou tamén o “cinismo que unha vez mais amosa o presidente do PP xa que mentres no último Consello Interterritorial de Sanidade asentira na retirada da prestación sanitaria a este colectivo, coas eleccións xa convocadas anuncia que o vai arreglar”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar