Consideran os orzamentos da Consellería de Presidencia “opacos, absurdos, neglixentes e privatizadores”

Consideran os orzamentos da Consellería de Presidencia “opacos, absurdos, neglixentes e privatizadores”

Consideran os orzamentos da Consellería de Presidencia “opacos, absurdos, neglixentes e privatizadores”

Beatriz Sestayo salienta que Rueda “quítalle ata a respiración aos cidadáns” mentres incrementa os asesores e se dedica ao “delfinato” de Feijóo

A portavoz de Presidencia, Administración Pública, Xustiza e Interior do Grupo socialista, Beatriz Sestayo, cualificou hoxe os orzamentos da Consellería de Presidencia para 2013 de “opacos, absurdos, neglixentes e privatizadores”. Así o dixo na comparecencia do Conselleiro Alfonso Rueda na Comisión de Orzamentos do Parlamento.

Sestayo criticou que os orzamentos do goberno galego aplican unha “falsa austeridade” cebándose sobre unha cidadanía á que “lle quitan ata a respiración”, mentres Feijóo e o conselleiro Rueda multiplican os seus asesores e persoal de confianza “competindo co caciquismo baltariano”. Lamentou que estas contas “constatan a vontade de Rueda de dedicarse ao delfinato de Feijóo no canto de ocuparse dos problemas de Galicia”.

A responsable socialista advertiu que Feijóo “volve demostrar que cada promesa súa é un engano mais” e a súa xestión é “unha mentira continuada” ao incumprir o seu compromiso de non impor mais sacrificios aos empregados públicos, para a continuación reducirlle o 4 por cento do salario, ademais da supresión da paga extra.

Dixo que o PP “ataca sistemáticamente” aos empregados públicos por ser servidores de servizos públicos cidadáns que exclúen deliberadamente para introducir o negocio privado.

Lei de Reforma Local

Beatriz Sestayo advertiu tamén que a Lei de Reforma Local que prepara o Estado constitúe a “usurpación da democracia e institucionalización do caciquismo” ao condenar aos municipios de menos de 20.000 habitantes a ser gobernados polas Deputacións.

Puntualizou que a “desaparición dos concellos a favor de entidades non democráticas” ven culminar un proceso que comezou coa asfixia dos concellos e a quebra do Pacto Local. Dste xeito, perpetúase o caciquismo, os delegados territoriais sosteñen un modelo caciquil mentres o PP “mantén un lamentable protagonismo das Deputacións Provinciais”.

Criticou os severos recortes en materia de Igualdade mentres aumentan o número de mulleres vítimas de violencia de xénero, ao que o goberno galego responde “recortando os orzamentos en materia de prevención e alimenta con diñeiro público ás redes antiabortistas afíns”.

Finalmente, salientou que os orzamentos da Consellería de Presidencia constatan o “abandono da solidariedade” por parte do goberno galego ao desmantelar o Fondo Galego de Cooperación e abandonar as políticas de cooperación ao desenvolvemento como políticas públicas.

Engadiu que mentres a Xunta “carga á xustiza co taxazo xudicial seguen a facer da institución “un páramo”, con retrasos nos pagos á quenda de oficio e unha lamentable falla de medios persoais e materiais. Lembrou que o plan de infraestruturas xudiciais anunciado polo conselleiro “semellaba unha broma pero converteuse nun bodrio de serie B, mentres o persoal experimenta recorte tras recorte”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar