Consideran “irrenunciable” o dereito dos cidadáns a acceder ao Parlamento

Consideran “irrenunciable” o dereito dos cidadáns a acceder ao Parlamento

Consideran “irrenunciable” o dereito dos cidadáns a acceder ao Parlamento

José Luis Méndez Romeu sinala que o acceso do público constitúe “unha conquista histórica” e “non pode ser restrinxido”

O viceportavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, considerou “irrenunciable” o dereito dos cidadáns a acceder libremente ao Parlamento. Así o dixo logo dunha xuntanza coa presidenta do Parlamento para “restaurar o normal funcionamento dos plenos logo do intento da pasada sesión de restrinxir o acceso ao público”.

Puntualizou que este dereito “non pode ser restrinxido”, en alusión á intención da presidenta de retirarlle aos grupos a facultade de invitar a público ás sesións plenarias”. Engadiu que este dereito resulta “totalmente compatible co dereito ao bo funcionamento da Cámara e a normalidade no desenvolvemento os seus traballos”, unha facultade que “dentro do hemiciclo lle corresponde precisamente á Presidencia do Parlamento”.

Méndez Romeu valorou a iniciativa da presidenta da Cámara de iniciar un proceso de diálogo cos grupos parlamentarios pero puntualizou que “para o grupo socialista resulta irrenunciable a capacidade de tódolos cidadáns de asistir aos plenos, velos en vivo e participar, aínda que sexa coa súa muda testemuña, no proceso de debate político e elaboración das normas”.

Sinalou que a presidenta do Parlamento “comprometeu que nunha vindeira xuntanza da próxima semana trasladará unha proposta concreta para restaurar o clima de orde dentro da Cámara”. Dixo que esta proposta debe “dar satisfacción ao que vemos como unha conquista histórica, como é a presenza dos cidadáns dentro da Cámara”.

O responsable socialista explicou ademais que a asistencia de público ás sesións plenarias “non entorpece o labor do Parlamento, senón que o enriquece” ao exemplificar o principio de transparencia. Dixo que “a Presidencia ten facultades de abondo no Regulamento para manter a orde cos distintos procedementos que están vixentes”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar