Consideran “insuficientes, pouco operativas e ineficientes” as axudas da Xunta para xerar liquidez nas explotacións leiteiras galegas

Consideran “insuficientes, pouco operativas e ineficientes” as axudas da Xunta para xerar liquidez nas explotacións leiteiras galegas

Consideran “insuficientes, pouco operativas e ineficientes” as axudas da Xunta para xerar liquidez nas explotacións leiteiras galegas

Pablo García reclama medidas “explícitas” de apoio orzamentario e a modificación da Lei de Seguridade Alimentaria para garantir un prezo do leite “viable” para as explotacións galegas

Reclámalle ao goberno galego que explique as medidas previstas para garantir a viabilidade de Alimentos Lácteos S.A., en preconcurso de acredores

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, dixo que as axudas da Xunta para xerar liquidez nas explotacións leiteiras resulta “insuficiente, pouco operativo e ineficiente”. Así o dixo no debate dunha pregunta oral en Comisión na que denunciou o incumprimento do acordo asinado en decembro por Feijóo cos produtores galegos que incluía estas axudas.

Denunciou a falla absoluta de apoio da Xunta ao sector lácteo galego para que os prezos do leite en orixe garantan a viabilidade das explotacións galegas. García criticou as axudas presentadas hoxe pola directora xeral de Produción Agropecuaria, Patricia Ulloa, que tan só vai investir 400.000 euros para o aprazamento de préstamos pendentes e a bonificación de parte do interese asumido polos adiantos das axudas da PAC.

O responsable socialista sinala que estas axudas, ademais de resultar escasas, son ineficientes por canto a súa complexidade fará que os gandeiros renuncien finalmente a solicitalas.

García sinala que, en contra do asinado polo presidente da Xunta, a Lei de Calidade Agroalimentaria non incorpora as alegacións que debera ter remitido o goberno galego con medidas que garantan que os prezos non sexan inferiores aos custes de produción. Sinala que estas propostas “ata agora non foron recollidas nin aceptadas polo Ministerio” no que cualificou de “desaire” ao goberno galego.

A conclusión, dixo, é que o goberno galego “segue sen dar cumprimento ao acordo que asinou”, o que dan “por amortizado”. Apuntou ademais que o presidente da Xunta “da igual o que diga si despois non o cumprimos”, e aludiu así ao compromiso de garantir mais axudas ás explotacións, co que, dixo, “cada vez que fala co sector mete á Consellería nun lío” ao acadar novos compromisos que pensan incumprir.

Reclamou medidas de apoio “explícito” tanto nos orzamentos da Xunta como a través da elaboración dun Plan para o sector, á aprobación dun paquete lácteo ou á constitución dunha asociación de produtores. Ironizou neste sentido con que “o único apoio que lles concederon foi remitir unha carta aos gandeiros que se están asociando insinuando si están seguros do que están facendo”.

Medidas non efectivas

Salientou o fracaso das medidas tomadas polo goberno galego , que “non cumpre co papel que deberan facer”, como é o caso das inspeccións, malia que no mes de decembro reducíronse os diferenciais de prezo co resto do Estado.

Criticou que a Xunta se teña conformado con que os galegos, coas explotacións mais eficientes, e que producen mais da metade do leite do Estado “se conformen con pelexar por cobrar o leite igual que no resto do Estado.

Pablo García criticou a falla de apoio do goberno galego a un sector “estratéxico en Galicia, onde os produtores galegos supoñen o 56 por cento do total de todo o Estado”, nun sector “piar fundamental para garantir a vertebración do noso territorio, o tecido socioeconómico e social, así como os nosos recursos naturais e paisaxísticos”.

Alimentos Lácteos

O parlamentario socialista tamén esixiulle á Xunta que explique as medidas postas en marcha para garantir a viabilidade de Alimentos Lácteos S.A., por canto contou con 6 millóns de euros de axudas públicas procedentes do goberno galego e hoxe en preconcurso de acredores.

Lembrou que o proxecto desta sociedade, malia o seu carácter privado, foi auspiciado polo goberno galego e “foi o que a Xunta quixo que fora”, polo que é “responsable” de que a entidade teña sido constituída neses termos. Criticou que “agora non poden facer que non sabían, que pasaban por alí e que os chamaron para pedir os avais e os cartos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar