Consideran “inmoral” que a reforma laboral permita a Audasa precarizar as condicións de traballo malia ter 50 millóns de beneficios

Consideran “inmoral” que a reforma laboral permita a Audasa precarizar as condicións de traballo malia ter 50 millóns de beneficios

Consideran “inmoral” que a reforma laboral permita a Audasa precarizar as condicións de traballo malia ter 50 millóns de beneficios

María José Caride pregunta no Pleno polo cambio das condicións laborais de 8 traballadores baixo ameaza de perder o emprego coincidindo co aumento das retribucións do consello de dirección da empresa

Sinala que a reforma laboral está a ocasionar a destrución de 68 empregos cada día en Galicia

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Socialista, María José Caride, cualificou de “inmoral” que a reforma laboral do PP permita a unha empresa como Audasa precarizar unilateralmente as condicións laborais de 8 traballadores malia ter pechado 2011 con 50 millóns de euros de beneficios logo de impostos.

A responsable socialista presentou hoxe unha pregunta oral no Pleno do Parlamento sobre a decisión desta empresa de prexudicar aos traballadores malia ter beneficios amparándose nun descenso dos ingresos contemplado na reforma do mercado laboral. Criticou que “mentres tanto o consello de administración incrementa un 2,75 por cento as súas retribucións, gastando 186.000 euros nas retribucións dos membros do Consello.

Puntualizou que estas retribucións “daban para manter o salario destes 8 traballadores”, malia o que a 6 deles obrigáronos a reducir o contrato e o salario á metade e a outros dous desprazáronos a 150 quilómetros. Lembrou que a única alternativa ofrecida pola empresa era “ir á rúa cunha indemnización de 20 días por ano traballado e un máximo de 9 meses”.

Caride reclamoulle á conselleira de Traballo que explique “si lle parece razoable que empresas con beneficios, grazas a esta reforma laboral inxusta, poidan mandar a xente á rúa en condicións lamentables, precarizando os dereitos, e dentro dunha legalidade que devalúa os dereitos dos traballadores”.

Reclamoulle que explicara si lle parece “xusto” que esta reforma permita que “alguén con beneficios e sen problemas porque opera en monopolio, como é o caso de Audasa mande á xente á rúa sen explicacións”.

68 empregos ao día

Caride dixo que a reforma laboral aprobada por Rajoy “está a ocasionar a destrución de 68 empregos ao día en Galicia” nunha dinámica de “destrución e deterioro do emprego e devaluación dos salarios”, como demostra este caso concreto. Sinala que a empresa acolleuse á norma que agora permite o cambio unilateral nas condicións dos traballadores ao sumar 9 meses de perdas ou diminución de ingresos.

Advertiu que “practicamente tódalas empresas de España e Galicia poderán acollerse a esta cláusula” por canto durante 2012 está prevista unha caída global da economía do 1,5 por cento, que continuará no ano 2013.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar