Consideran “cando menos escandaloso” que Feijóo esqueza que era alto cargo político cando se produciron as presuntas irregularidades no financiamento do PP

Consideran “cando menos escandaloso” que Feijóo esqueza que era alto cargo político cando se produciron as presuntas irregularidades no financiamento do PP

Consideran “cando menos escandaloso” que Feijóo esqueza que era alto cargo político cando se produciron as presuntas irregularidades no financiamento do PP

Abel Losada anuncia que os socialistas pedirán mañá a constitución dunha Comisión de Estudo que analice medidas para combater a corrupción

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, considerou “cando menos escandaloso” que Feijóo responda que non militaba no PP cando se produciron as presuntas irregularidades no seu financiamento. Lembrou que o actual presidente da Xunta era alto cargo do goberno de Aznar en 1999 e considera que a súa resposta son “escusas de mal pagador”.

Losada reclamoulle ao presidente da Xunta que “dea a cara” porque o seu partido “aparece vinculado á trama do caso Gürtel a través de Pablo Crespo”, como se ven de demostrar polas informacións publicadas estes días. Lembrou que os socialistas “denunciamos contundentemente” esta vinculación na pasada lexislatura sen ter ningunha resposta por parte do PP.

Anunciou que o Grupo Socialista presentará na reunión da Xunta de Portavoces de mañá unha proposta de Comisión de Estudo dirixida a “avaliar liñas de actuación política e medidas para combater a corrupción”, para que sexa incluída na orde do día do próximo Pleno do Parlamento.

Deputación Provincial

O responsable socialista tamén considerou “dramático” que o PP utilice a Deputación de Ourense para “protexer a figura do seu presidente e os intereses do PP e permitir a permanencia de Feijóo no goberno da Xunta” mentres a provincia padece o “menor desenvolvemento social e económico de España”. Así o dixo logo de coñecer as novas contratacións de altos cargos na Deputación de Ourense.

Losada sinalou que “Baltar junior herdou a Deputación de Ourense e para mantela bota man das técnicas que tan bo resultado lle deron ao seu pai”. Lamentou o “difícil” que resulta “rachar cunha traxectoria histórica dunha Ourense gobernada por caciques dende hai 200 anos”.

Visitas ao Parlamento

O portavoz socialista reclamoulle hoxe ao PP que “vaian entrando, aínda que sexa pouco a pouco, nunha concepción radicalmente democrática do Parlamento” e permitan o retorno das visitas ao hemiciclo. Losada amosouse receptivo ás propostas da presidenta para reabrir as portas da cámara, pero advertiu que “a nosa liña vermella é que o Parlamento non é da Presidencia, nin do PP nin do goberno de Galicia”.

Logo do peche de portas unilateral acordado pola presidenta do Parlamento, apoiada polo PP, apuntou que “resulta imprescindible que no PP sexan conscientes que os grupos da oposición somos igual de propietarios que eles desta sede, xa que non é nosa: é dos galegos e galegas”. Instoulle a presentar as alternativas que ten para reabrir as portas, e lembrou que ela é a responsable do mantemento da orde pública no recinto da Cámara.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar