Consideran “absurdo” que o PP aprobara no Parlamento a saída de Ence da ría de Pontevedra para prorrogala agora outros 75 anos dende o Goberno

Consideran “absurdo” que o PP aprobara no Parlamento a saída de Ence da ría de Pontevedra para prorrogala agora outros 75 anos dende o Goberno

Consideran “absurdo” que o PP aprobara no Parlamento a saída de Ence da ría de Pontevedra para prorrogala agora outros 75 anos dende o Goberno

Patricia Vilán critica que o PP rexeite hoxe en Comisión parlamentaria pedirlle á Xunta un informe medioambiental desfavorable á permanencia da planta

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, tildou de “absurdo” que o PP aprobara na pasada lexislatura no Parlamento a saída da factoría de Ence – Elnosa da ría de Pontevedra para agora prorrogala outros 75 anos coa reforma da Lei de Costas dende o goberno central.

A responsable socialista presentou unha iniciativa para que a Xunta emita un informe medioambiental negativo que impida a permanencia da factoría, que foi rexeitado polo PP malia ir en contra da súa posición na pasada lexislatura e de que o informe supostamente resulta vinculante á hora de que o goberno acepte a prórroga.

A deputada pontevedresa levou ao Parlamento esta iniciativa logo do incidente nas caldeiras que o pasado mes de agosto produciu un olor “forte e desagradable”, xerou irritacións respiratorias aos veciños e mobilizou aos bombeiros e as forzas de seguridade sen que a empresa sequera informara do mesmo por consideralo un asunto interno.

Vilán acusa ao PP de prorrogar a permanencia da factoría precisamente no momento en que a autorización ambiental remata en decembro de 2015 para Ence e xaneiro de 2014 para Elnosa, mentres a concesión de Ence remataba en 2018.

Critica neste sentido a “lamentable conivencia” do goberno do PP coa empresa, ata o punto de que chegou a presentar un proxecto de modificación da Lei de Costas para consolidar “con absoluto descaro” a continuidade da planta na ría de Pontevedra durante 75 anos.

Vilán explica que a ampliación do período queda a expensas dun informe do Goberno autonómico que, sinala, debe ser contrario á continuidade da factoría. Así llelo reclamou logo do escaso apego que ten demostrado a empresa para coa saúde medioambiental da Ría de Pontevedra en todo o tempo que leva en activo, ata chegar ao último episodio do pasado mes de agosto.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar