Consideran “absolutamente intolerable e incluso chulesco” que Feijóo manteña a Rueda como conselleiro presupoñendo a súa vitoria electoral

Consideran “absolutamente intolerable e incluso chulesco” que Feijóo manteña a Rueda como conselleiro presupoñendo a súa vitoria electoral

Consideran “absolutamente intolerable e incluso chulesco” que Feijóo manteña a Rueda como conselleiro presupoñendo a súa vitoria electoral

Pablo García critica a “falla de respecto e talante democrático” demostrada polo presidente da Xunta e reclámalle que explique “qué trampas e qué xogo sucio pensa facer desta volta”

O secretario de Organización do PSdeG-PSOE, Pablo García, cualificou de “absolutamente intolerable e incluso chulesco” que o presidente da Xunta manteña ao coordinador da súa campaña electoral como conselleiro de Presidencia porque, en palabras do propio Feijóo, ten moitas posibilidades de seguir sendo conselleiro logo das eleccións.

García esixiulle a Feijóo que explique “qué trampas e qué xogo sucio pensa facer desta volta para estar tan convencido do resultado electoral antes de que comece a campaña” e recomendoulle “unha mínima prudencia, non vaia ser que o próximo 21 de outubro teña que asumir unha cura de humildade”.

O responsable socialista criticou a “falla de respecto e de talante democrático” demostrada por quen “quixo gobernar Galicia como un xardín particular”, cunha “absoluta falla de pudor ao levar tres anos sen acadar un só dato positivo para Galicia”. Sinalou que “o único índice no que demostrou estar sobrado é no da súa desfachatez”.

Lembrou que durante esta lexislatura Feijóo ofreceu, un tras outro, “consellos plagados de supostos acordos que resultan ser anuncios sen contido que teñen que ser desmentidos ao día seguinte”. Engadiu que da boa conta do seu talante que mesmo “intentou a última hora modificar a Lei electoral para adecuala ás súas necesidades e mesmo cambiou a data das eleccións por conveniencia política”.

Incoherencia

O responsable socialista salientou a “incoherencia” desta actitude de Feijóo ao manter a Rueda cando na pasada campaña das eleccións xerais consideraba “inmoral” que Rubalcaba fora ministro e candidato. Lembroulle que no seu momento Rubalcaba dimitiu como ministro, igual que fixo agora Rodolfo Ares co seu cargo de conselleiro de Interior do goberno vasco.

Criticou que persista na súa “cabezonería” de manter a Rueda como conselleiro de Presidencia, e como tal responsable do operativo electoral, mentres é ao tempo o máximo responsable da campaña do seu partido. Lembrou que esta actitude é “como mínimo pouco hixiénica”, polo que esixiu “limpeza” ao máximo responsable do PP e do goberno galego.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar