Consenso, diálogo e recursos para rematar co conflito do transporte de viaxeiros

Consenso, diálogo e recursos para rematar co conflito do transporte de viaxeiros

Consenso, diálogo e recursos para rematar co conflito do transporte de viaxeiros

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, reclamou hoxe “consenso, máis recursos, diálogo e procedementos obxectivos” para resolver o conflito xerado pola Xunta coa concesión de liñas de transporte de viaxeiros por estrada. O responsable socialista reclamou hoxe unha explicación parlamentaria da conselleira para dar conta de “cómo pensa resolver” a situación.

“Ethel Vázquez contra o mundo”, esta é a frase coa que o portavoz socialista resumiu a situación de “enroque” na que se ten instalado a conselleira, empeñada en rexeitar o diálogo común que si lle están reclamando empresarios e sindicatos. Explicou que “non acepta porque non lle agrada falar coas dúas partes ao mesmo tempo, e iso é porque ten algo que agochar, algo quere contarlle a unha parte e á outra non”.

Dixo que “queremos colaborar e darlle solucións, pero non pode ser nunha situación de conflito, improvisación e discrecionalidade”, engadiu que “non hai nada aínda irreversible, hai tempo, limitado pero aínda hai tempo para darlle unha boa solución”. Explicou que queda un mes para o remate da prórroga das liñas regulares abandonadas polos concesionarios e dous para o comezo do curso e polo tanto do transporte escolar.

Fernández Leiceaga acusou á conselleira de “poñer en risco” o sistema de transporte escolar, que ata o momento funcionaba ben, e “sen garantías de mellora para o futuro”. Dixo que a posible colaboración entre o transporte escolar e regular “debe seguir intentándose pero con consenso e sen conflito, en concurso obxectivo e sen discrecionalidade, e con condicións non provisionais senón definitivas”.

Explicacións

O portavoz socialista urxiu á conselleira a comparecer diante da Cámara autonómica para “explicar os seus plans, as medidas previstas e cómo pensa resolvelo”. Así llelo pediu persoalmente, admitiu, nunha conversa revelada pola conselleira aos medios de comunicación na que Fernández Leiceaga apelou á solicitude de comparecencia presentada de forma conxunta por toda a oposición.

Hoxe presentou ademais unha interpelación, á que non se pode negar como no caso das comparecencias, para garantir que a conselleira responda no próximo Pleno do Parlamento, que se celebrará dentro de dúas semanas. O goberno galego terá que explicar por qué se puxo nunha situación de conflito, improvisación e con “importantes doses de discrecionalidade que debe corrixir”.

Puntualizou a difícil situación da conselleira, coa “oposición cerrada” de sindicatos, concellos, empresarios, Anpas, e ata cos responsables do transporte metropolitano, logo de que empece a acumular reprobacións nos concellos afectados.

Inseguridade xurídica

Explicou que a Consellería ten provocado coa súa xestión unha situación de inseguridade xurídica para as empresas que asumiron a prórroga de dez anos ofrecida en 2009 a cambio dunha redución de custes e que agora reverte antes de remate o prazo, rompendo un compromiso que “posiblemente dea lugar a litixios”.

O mesmo sucede coa prórroga dun ano ás liñas de transporte que “legalmente está ben feita pero nada di que non poidan reclamar compensacións”. Agora a conselleira presenta un plan cunha viabilidade económica como mínimo “incerta, xa que “en contra do que se di, non contempla a subrogación automática de traballadores” que pode provocar déficit de financiamento.

Sinalou ademais que a forma de contratación, un procedemento por invitación previsto con carácter excepcional, supón que é a Xunta quen selecciona unha empresa para, dentro de 22 meses, realizar un concurso ordinario, coa diferenza de que daquela terán desaparecido do mapa o resto das empresas.

Peche de centros

O portavoz socialista criticou hoxe ademais a decisión coñecida a semana pasada de reubicar ou pechar os centros escolares de Ribadavia, Outes, As Pontes e Porriño, que a Consellería decretou “de costas á comunidade educativa, de costas aos concellos”. Afeoulle incluso ao conselleiro que teña comparecido o martes pasado sen anunciar esta decisión.

Fernández Leiceaga reclamou coñecer os criterios e a planificación da Consellería de Educación para decidir o peche de centros, que se ten producido en Outes cando estaba aumentando o número de alumnos, “pero non en outros centros cunha situación parecida”. Considera “extremadamente adecuada” a comparecencia do conselleiro no próximo Pleno, que foi solicitada pola oposición.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar