Consenso para conseguir un Meirás con titularidade pública

Consenso para conseguir un Meirás con titularidade pública

Consenso para conseguir un Meirás con titularidade pública

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, chamou hoxe ao “consenso” entre os grupos parlamentarios para acadar a titularidade pública do Pazo de Meirás. O responsable socialista anunciou unha emenda que “mellore o texto proposto polo PP” en solitario e ao que “esperemos que finalmente se poidan sumar tódolos grupos políticos”.

Instou aos grupos parlamentarios a unirse e “deixar a un lado xogos de partido” e “remar todos na mesma dirección e non distraernos do fundamental”. Sinalou que “non queremos determinar agora se hai que pagarlle á familia, o que é tarefa dos tribunais, e tampouco queremos determinar que faremos coas Torres cando as recuperemos” para “non entrar en ningún asunto menor que nos distraia do fundamental e nos divida”.

Fernández Leiceaga anunciou que “vamos defender con rotundidade que dende Galicia lle reclamemos á Administración Xeral do Estado que faga o esforzo de defender diante do xulgado correspondente, que parece ser o partido xudicial de Betanzos, o carácter público das Torres de Meirás”. Este sería, dixo, “un primeiro paso moi positivo para despois poder poñelas ao servizo da cidadanía”.

Así o dixo logo de coñecer os dous informes encargados pola Deputación de A Coruña e a Xunta de Galicia, coñecido hai escasos días e que resulta, dixo, “contundente e xuridicamente ben armado” e que apuntan a “dúas vías xudiciais complementarias” para acadar as Torres de Meirás para o patrimonio público.

Apostou por “dicirlle á avogacía do Estado que explore as vías e determine cal é a que hai que seguir, e a partir de aí ten que facer o seu traballo, e a Xunta e o Concello de Sada poden acompañar á Administración Xeral presentándose no proceso”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar