O conselleiro Rueda debe implicarse en persoa para desbloquear as negociacións cos traballadores de Xustiza

O conselleiro Rueda debe implicarse en persoa para desbloquear as negociacións cos traballadores de Xustiza

O conselleiro Rueda debe implicarse en persoa para desbloquear as negociacións cos traballadores de Xustiza

A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Patricia Vilán, reclamou hoxe a implicación directa do conselleiro de Vicepresidencia para “desbloquear” o conflito laboral cos traballadores e traballadoras da Xustiza, en folga dende hai 10 días. A responsable socialista presentoulle unha pregunta ao conselleiro na que lamentou que “pola súa soberbia non saiba saír deste canellón”.

A responsable socialista reclamoulle a Rueda que cese aos directores xerais de Xustiza por “incapaz” e de Función Pública por recomendarlle aos membros do Comité de Folga que concursen a outro lugar de España e que se poña en persoa á fronte das negociacións. A responsable socialista responsabilizou hoxe ao goberno galego do enquistamento do conflito ao negarse a atender ás 5 reivindicacións dos traballadores e traballadoras.

Lembrou que o motivo é “a reclamación para rematar coa discriminación dos funcionarios de Xustiza en Galicia con respecto aos funcionarios do sector noutras comunidades”, ao que responde co inmobilismo sinalando que “non aceptan un pulso”. Lamentou que a súa única aportación sexa agardar a que “entren en razón” e busquen acordo “sobre a base da proposta da Xunta” e mentres Feijóo nega a representatividade dos sindicatos.

Explicou que a equiparación salarial destes traballadores suporía menos de 5 millóns de euros, o 0,05 por cento do presuposto da Xunta para 2018, e “menos do que a Dirección Xeral de Xustiza deixou sen executar en 2016 -5,1 millóns-“, e “moito menos” dos 50 millóns de euros que tiñan sen executar en setembro de 2017.

Xustiza normal

Criticou que “buscan que a Xustiza funcione de forma normal logo de impoñer as taxas xudiciais, obstruíndo á xustiza destruíndo ordenadores na rúa Génova, a escaseza de funcionarios en Galicia, sen crear un só novo xulgado nesta Comunidade Autónoma dende 2009 ou negándose a crear máis xulgados especializados en Violencia contra a Muller”.

É o mesmo conselleiro, dixo, que leva 9 anos sen sentarse cos representantes dos traballadores públicos, que “nunca vai a ningunha xuntanza cos traballadores, que o coñecen polos medios de comunicación porque nunca o viron en persoa”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar