A conselleira do Mar debe dimitir por mentir coa candidatura de Galicia á sede do Laboratorio de Bivalvos

A conselleira do Mar debe dimitir por mentir coa candidatura de Galicia á sede do Laboratorio de Bivalvos

A conselleira do Mar debe dimitir por mentir coa candidatura de Galicia á sede do Laboratorio de Bivalvos

O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio Torrado, reclamou hoxe a dimisión da conselleira do Mar por “mentir” coa candidatura de Cambados á sede do Laboratorio Comunitario de Control Bacteriolóxico de Bivalvos. O responsable socialista preguntoulle ao goberno galego polo anuncio desta candidatura logo de saber que sería desmantelado.

Torrado presentou a acta da xuntanza da Comisión Europea que decidiu, co voto do Ministerio de Pesca, que non se opuxo á supresión o laboratorio de referencia ata entón localizado en Wymouth –Reino Unido-, votada o 18 de outubro.

O parlamentario socialista presentou no Pleno a resposta oficial da Comisión Europea a unha pregunta dos socialistas sinalando que, en contra do que afirmou a Xunta, “non tiñan recibido ningunha notificación ou petición oficial de ningún Estado membro respecto da reubicación do laboratorio”.

Amosou a súa sorpresa pola resposta da conselleira do Mar, que hoxe dixo que cando respaldou a candidatura de Galicia en xullo “non se sabía nada porque se votara en outubro”. Preguntou entón “que fai Feijóo anunciando a candidatura o 24 de novembro”, en alusión ao acto formal do presidente galego no que foi ata Vilaxoán –Vilagarcía- para anunciar que lanzarían a candidatura do Intecmar.

Advertiu que “ou son incompetentes ou mentirosos, calquera das dúas razóns é suficiente para sentirse inhabilitados, e polo tanto ten que dimitir, pero antes expliquen por que mantiveron a candidatura cando sabían que era imposible, e por que dixeron que traballaban co ministerio cando sabía que non era certo”.

Preguntoulle neste sentido se “está dicindo que vostede en xullo non tivo ningunha culpa porque en maio non se sabía nada, pero entón Feijóo que se libre el? Estalle dicindo a Feijóo que o mentiroso é el?”

Torrado criticou os “fastos e oropeles” do goberno galego para anunciar unha candidatura que se demostrou “unha patraña, unha mentira”, logo de que a UE confirmara que “levaban meses anunciando algo que nunca solicitaran”. Resumiu a intervención do goberno a un “ridículo espantoso, que deixa mal a toda a Comunidade Autónoma e a toda a Administración”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar