A conselleira de Transporte debe dar un xiro de 180º ou asumir responsabilidades

A conselleira de Transporte debe dar un xiro de 180º ou asumir responsabilidades

A conselleira de Transporte debe dar un xiro de 180º ou asumir responsabilidades

O portavoz de Transporte do grupo socialista, Raúl Fernández, esixiulle ao goberno galego decisións urxentes ante “a maior folga do transporte público de viaxeiros en Galicia”, cun 90% de seguimento. Fernández lembrou que a semana que vén está anunciado un novo paro. “Non nos queda outra que invitar á conselleira a que reflexione estes días, antes desa nova folga, entre continuar cunha posición individualista e do seu partido ou dar un cambio de 180 graos e asumir a súa responsabilidade. Esa reflexión ten que ter consecuencias, individuais dela mesma ou ben cunha decisión do presidente da Xunta. Non queda outra”, afirmou.

 

O socialista destacou que a conselleira “conseguiu o récord de poñer en contra a todo o mundo” e “está desbordada” ante a actual situación, polo que a gravidade dos feitos “require que se tomen decisións”. Así, aos usuarios, traballadores e empresas súmase o transporte escolar “que funcionaba adecuadamente e agora tamén conseguiu poñelo enfronte”, dixo. “As dúbidas desde o punto de vista legal tamén parecen non importarlle, cando esta situación é consecuencia dunha ilegalidade cometida en 2010 coa prórroga das concesións, que foi anulada polo Supremo”, lembrou.

 

Fernández apuntou que a actual problemática era “un desenlace previsible” xa anunciado desde hai tempo polo grupo socialista, consecuencia da “falta de previsión, pasividade, falta de proxecto e definición dun modelo e falta de vontade para recoller aportacións” dos organismos e do sector. “É unha improvisación completa que desembocou nunha fuxida cara adiante cun plan uxente, actuando a rebufo da anulación do Supremo e a golpe de sentenzas e renuncias das concesionarias”, afirmou.

 

O socialista destacou que cambiar o modelo de transporte require dedicación constante, e iso non foi posible porque a Xunta “tivo catro directores xerais de mobilidade distintos en só catro anos”. E puxo como exemplos de que a conselleira está “perdida” que nin sequera fixo mención ao tema do transporte de viaxeiros na súa comparecencia no Parlamento, e que non hai nin un só euro orzamentado para este sector. Tamén censurou a “actitude negativa, chea de prexuízos” nas reunións co sector, nas que a Xunta buscou “o disenso” e introducir “elementos para buscar enfrontamentos entre as partes”.

 

Por outra banda, Fernández anunciou o rexistro dunha batería de iniciativas no Parlamento polas “implicacións dificilmente xustificables” nos contratos á empresa IPLAN MOVILIDAD SL, un tema da “máxima gravidade” que “necesita unha explicación inmediata ao máximo nivel” da Xunta. “Feijóo ten unha excelente oportunidade de explicalo correctamente ao saír do Consello da Xunta para que non queden dúbidas”, concluíu o socialista.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar