A conselleira de Política Territorial, responsable directa no caos do Plan de Transporte

A conselleira de Política Territorial, responsable directa no caos do Plan de Transporte

A conselleira de Política Territorial, responsable directa no caos do Plan de Transporte

O portavoz de Transportes do Grupo Socialista, Raúl Fernández, responsabilizou hoxe á conselleira de Política Territorial a posta en marcha “desastrosa” do Plan de Transporte. Este naceu, dixo, abocado a unha “situación de caos” que só puido ser salvada “polas empresas excluídas na primeira fase do proceso, que posibilitaron que non houbera incidentes graves”.

Presentou hoxe unha proposición non de Lei para reclamarlle ao goberno galego que abra unha Mesa de diálogo con sindicatos, concellos, empresas, Anpas e transporte metropolitano para definir un novo modelo e un mapa concesional de Galicia. Criticou que o PP e o goberno galego anunciaran o veto a esta proposta, que será votada mañá, e que incluía un aumento das partidas orzamentarias e facelo público na Cámara autonómica.

O resultado, dixo, foi un procedemento “trapalleiro”, cun deseño do plan opaco, que ten provocado “infinidade de incidentes”, mesmo poñendo “en risco a viabilidade cooperativa e o inicio do curso escolar”. Explicou que foi precisamente o traballo intenso dos últimos tres días nos que as empresas excluídas polo goberno axustaron rutas, horarios e frecuencias, o que impediu “o desastre” co comezo do curso escolar.

Fernández criticou que o Plan de transportes sufra unha “decisión unipersoal e unipartidaria, unha ocorrencia máis da conselleira e dos gobernos de Feijóo para darlle continuidade á súa política de decisións erróneas que converte en vítimas aos galegos e galegas”. Censurou que teña iniciado un “absurdo camiño da indefinición” ao “nin repoñer servizos perdidos nin acometer un plan global”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar