A conselleira de Medio Rural "pasa de largo" e evita reunirse cos agricultores afectados pola saraiba na súa visita a Ourense

A conselleira de Medio Rural "pasa de largo" e evita reunirse cos agricultores afectados pola saraiba na súa visita a Ourense

A conselleira de Medio Rural “pasa de largo” e evita reunirse cos agricultores afectados pola saraiba na súa visita a Ourense

A deputada socialista Noela Blanco criticou hoxe que a conselleira do Medio Rural “teña perdido hoxe unha oportunidade excelente para reunirse cos representantes dos gandeiros e agricultores ourensáns afectados polas graves condicións climatolóxicas”. Afeoulle que decidira “pasar de largo” amosando “falla de diálogo e prepotencia co sector”.

A responsable socialista considera “escandalosa” a actuación da conselleira e reclamoulle que “deixe de disparar dialecticamente contra todos os que lle pedimos que faga o seu traballo. Sinalou que “o que ten que facer é esforzarse menos en replicar e máis en responsabilizarse da situación e acordar un plan con medidas concretas de axuda aos agricultores e gandeiros que ven o seu modo de vida en perigo”.

Noela Blanco vén de presentar unha serie de iniciativas nas que lle reclama ao goberno galego axudas para os viticultores e gandeiros ourensáns que este ano tiveron que soportar tanto a seca como as xeadas de abril e, o pasado 27 de agosto, a saraibada que danou gravemente aos cultivos.

Advirte de que as perdas dos viticultores poden superar os 14 millóns de euros, de acordo coas organizacións agrarias, nun ano no que “en moitos casos non terán ningún ingreso e si un incremento dos gastos de entre o 10 e o 15 por cento para coidar a segunda brotación das vides”. En calquera caso a situación esténdese ás producións de castaña, gandería de carne ou apicultura, tamén afectadas polas xeadas e a falla de chuvias.

Por iso reclámalle á Xunta que poña en marcha axudas directas para os viticultores que inclúan compensación polas perdas de produción previstas e que permitan a recuperación no seguinte ciclo produtivo. Solicita ademais liñas de crédito do Igape para que as explotacións gandeiras e vitícolas poidan facer fronte aos gastos, así como un plan urxente contra a seca consensuado coa Fegamp e organziacións ecoloxistas e agrarias.

Ademais, reivindica a intervención do Goberno central con bonificacións do 90 por cento das cotas á Seguridade Social por parte dos viticultores e gandeiros afectados, a redución dos módulos de Facenda para os sectores afectados e a declaración de zona catastrófica nos núcleos máis afectados.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar