A conselleira de Medio Rural debe dar explicacións "claras e contundentes" sobre a imputación do director xeral de Ordenación Forestal

A conselleira de Medio Rural debe dar explicacións "claras e contundentes" sobre a imputación do director xeral de Ordenación Forestal

A conselleira de Medio Rural debe dar explicacións “claras e contundentes” sobre a imputación do director xeral de Ordenación Forestal

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, José Antonio Quiroga, esixiulle hoxe á conselleira de Medio Rural que compareza de forma urxente no Parlamento para dar “explicacións claras e convincentes” logo de coñecer a imputación do director xeral de Ordenación Forestal pola adxudicación de helicópteros contra incendios.

O responsable socialista urxiu ao goberno galego a “tomarse dunha vez en serio” a urxente e inaprazable modificación da política forestal logo dunha vaga de incendios que acabou coa vida de catro persoas e calcinou 50.000 hectáreas en pleno mes de outubro e que deixou en evidencia o fracaso da xestión do goberno galego.

Lembra que os socialistas galegos reclamaron xa a dimisión tanto do director xeral, que leva no cargo dende 1996 ata hoxe agás o período do goberno de Pérez Touriño, como da propia conselleira como máximos responsables da política forestal de Galicia. Esta nova imputación “acaba coa paciencia dos galegos e galegas, fartos da xestión imprudente e temeraria do goberno galego”.

Sinala que foi a imprudencia e falla de previsión deste alto dirixente e do goberno galego os que axudaron a converter en catastróficos os incendios de outubro, que levaban varios días activos. Daquela os galegos e galegas, sinala, “observamos atónitos como os 6 helicópteros contra incendios e 2 de coordinación estaban inactivos, xunto coas 125 brigadas de Seaga e o 75 por cento das brigadas municipais”.

Engade que “o goberno galego debe deixar de buscar cabezas de turco, tanto sexan imaxinarios, como os supostos terroristas incendiarios, como a climatoloxía, os lumes en Portugal ou os propios concellos, e comezar a asumir as súas propias responsabilidades para cambiar a política forestal de Galicia”.

Dúbidas

Quiroga sinala que a utilización de medios privados para a extinción de incendios “fai tempo que vén levantando dúbidas” e reclama un “modelo de xestión público” e sobre todo centrado na prevención, “antes de mobilizar un tremendo orzamento de máis de 100 millóns de euros para extinción, unha política demasiado pasiva e confiada ao sector privado”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar