A conselleira de Infraestruturas, "máis disposta a confrontar que a consensuar" o Plan de Transportes

A conselleira de Infraestruturas, "máis disposta a confrontar que a consensuar" o Plan de Transportes

A conselleira de Infraestruturas, “máis disposta a confrontar que a consensuar” o Plan de Transportes

O portavoz de Transportes do Grupo Socialista, Raúl Fernández, esixiulle hoxe á Xunta o retorno do consenso e do acordo ao Plan de Transporte. Así o dixo na comparecencia da conselleira de Infraestruturas no Pleno do Parlamento para dar conta dunha xestión que “conseguiu poñer en contra a patronal, sindicatos e ata ao sector educativo.

Fernández cualificou o Plan de “sucesión interminable de erros produto da improvisación, da falla de diálogo e de rexeitamento ás aportacións” que, advertiu, “está a tempo de corrixilo se se dedica a exercer como conselleira responsable do transporte en Galicia”.

Criticou que a conselleira “comezou o proceso con prexuízos, máis predisposta a confrontar que a consensuar” presentando un Plan “sen rigor técnico, económico nin xurídico”. Criticou a “opacidade e escurantismo nun proceso singular de adxudicación” co que “queren preservar unha enorme discrecionalidade”, mentres polo camiño “privan aos nenos e nenas do dereito ao transporte para convertelo nunha subvención”.

A forte contestación do Plan, dixo, é o resultado dunha “política de imposición e de feitos consumados” fronte á colaboración co sector empresarial, sindicatos, representantes educativos ou administracións locais, ás que obviaron nunha deriva de “pasividade e desinterese”. Criticou que a Xunta “tivo tempo máis que suficiente” no que estiveron “a velas vir”.

A consecuencia foron “oito anos perdidos sen avanzar no deseño” que provocou “o abandono de concesións e que sexa preciso acudir a un proceso de adxudicación utilizando unha modalidade anormal reservándose unha discrecionalidade de dubidosa legalidade”.

Así llelo lembraron todos estes actores durante o proceso e na xornada parlamentaria organizada a semana pasada polo Grupo Socialista. Os sindicatos tildaron o proceso de “operación de márketing” que aboca ao sector a suprimir postos de traballo, despedimentos e precariedade laboral.

Catastrófico

Ao mesmo tempo, as federacións de transportistas consideran a iniciativa da Xunta “catastrófica” a nivel empresarial, “desastrosa”, dende o punto de vista funcional, carente de estudo rigoroso sobre o seu impacto e a “perda do tecido empresarial en Lugo e Ourense”.

Pola súa parte, a Confapa opúxose a mesturar o transporte escolar co ordinario, o que supón de facto retirarlle aos escolares o dereito ao transporte, e a Fegamp alerta do impacto negativo sobre o rural que pode ter a carencia de financiamento para o transporte de viaxeiros. O propio Fernández constatou que o transporte regular no rural disporá de “cero euros” adicionais nos orzamentos de 2007.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar