Conseguimos que o PP recúe e vote a favor de eliminar a taxa de reposición nas oposicións con 1.600 prazas en sanidade

Conseguimos que o PP recúe e vote a favor de eliminar a taxa de reposición nas oposicións con 1.600 prazas en sanidade

Conseguimos que o PP recúe e vote a favor de eliminar a taxa de reposición nas oposicións con 1.600 prazas en sanidade

O portavoz de sanidade do grupo socialista, Julio Torrado, trasladou hoxe unha proposta “ambiciosa pero posible e sensata” para que o goberno galego convoque de inmediato as oposicións de sanidade de 2017 con 1.600 prazas e sen taxa de reposición, e para apostar por recuperar a estabilidade no emprego público con 1.750 prazas anuais ata 2020. O PP recuou e votou a favor das propostas para este ano, pero rexeitou o plan de contratacións para os vindeiros anos. “O que estamos a decidir é un modelo ideolóxico: estabilidade ou precariedade, e nós defendemos a estabilidade”, advertiu o deputado socialista.

 

Torrado argumentou que o plan de 1.750 contratacións anuais ata 2020 rexeitado polo PP “non é un gasto; é un investimento que se financia por si mesmo”. Así, explicou que uns 900 profesionais se xubilan cada ano, uns cartos que cubrirían o custo de 1.000 prazas. As 750 restantes serían para eliminar empregos en precario xa existentes e convertelos en postos estables. “Revertir precariedade e estabilizar; finánciase só”, insistiu.

 

O socialista lembrou a “precariedade inaceptable” do emprego sanitario, que revirte na calidade asistencial, e apuntou que nos últimos cinco anos só tres de cada vinte persoas afirman que mellorou a sanidade en Galicia, a terceira comunidade menos valorada, unha situación que se agrava na atención especializada. Torrado apuntou que cada ano se forman 2.500 profesionais co MIR, dos que só 322 acaban contratados na sanidade pública galega, unha situación “ineficiente para o sistema e tamén desde o punto de vista económico”. Por outra banda, o socialista denunciou a “grave opacidade nos datos da consellería”, polo que se descoñecen os datos reais das listas de espera, o número real de persoas contratadas na sanidade pública ou os datos por categorías –cantos interinos ou cantos temporais-.

 

“Convencer a Montoro”

Na súa intervención, Torrado replicou as palabras do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, esta mesma mañá, e díxolle que “é posible” levar a cabo a convocatoria de oposicións tomando o exemplo do País Vasco e sempre que sexa “capaz de convencer a Montoro” para a eliminación da taxa de reposición, “se é que ten tanta influencia en Madrid”. No referente á aprobación da iniciativa para a convocatoria de 1.600 prazas este ano, Torrado deulle a “benvida” ao grupo do PP, “desesperado” por aprobar esta parte da proposta socialista. “Esperamos que deixen de marear co tema; se están tan convencidos podían ter traído vostedes a proposta, pero os seus argumentos neste tema tamén son inestables, temporais e precarios”, zanxou o socialista.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar