Conivencia entre a Xunta e os herdeiros de Franco

Conivencia entre a Xunta e os herdeiros de Franco

Conivencia entre a Xunta e os herdeiros de Franco

A portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Concepción Burgo, denunciou hoxe “conivencia” entre o goberno galego e os herdeiros de Franco. Criticou así a inacción da Xunta fronte ás “continuas burlas intolerables” por parte da familia e da Fundación que xestiona o Pazo de Meirás, un inmoble expoliado polo franquismo e declarado BIC por un goberno dirixido por un presidente socialista.

Burgo criticou que a familia do ditador se permita “pechar o teléfono para reservar visitas ao Pazo no tempo que duran as súas vacacións”, para “poder continuar coas súas reportaxes estivais facendo alarde dunha impunidade tolerada polo goberno que debera velar polo cumprimento da Lei”.

Aludiu así a varias informacións aparecidas estes días nos medios de comunicación nas que a herdeira “alardea da xestión da propiedade”, mentres a Fundación Franco, encargada de xestionar as visitas, “demóstrase unicamente preocupada por facer apoloxía do franquismo”.

Criticou que o goberno galego “sábeo e o permite escudándose nunha suposta falta de atribucións que é mentira”, cunha serie de accións que “deixan cada vez máis claro que están defendendo á familia Franco e que non pensan facer nada diante do escándalo e a indignación que percorre á sociedade galega”.

Advertiu que “a súa falla de resposta a estas provocacións e aos insultos contra as vítimas da Guerra Civil, e súa indolencia fronte ás mentiras sobre sucesos históricos leva a envalentonar a estas personaxes, que actúan cada vez con menos respecto pola normalidade democrática”.

Memoria Histórica

Lamentou que “a inacción do goberno galego resulta lamentablemente coherente cun Executivo que dende que chegou ao goberno en 2009 non realizou nin unha soa acción en prol da Memoria Histórica” e que se dedicou a “facer desaparecer todo o feito polo anterior goberno presidido polo PSdeG”.

Lembra que na última visita a Galicia do relator da ONU para estudar a aplicación da Lei da Memoria Histórica “só puideron presentar medidas tomadas polo goberno presidido por Emilio Pérez Touriño”. Mentres, continúa, a actividade política do PP “limítase a bloquear calquera intento da oposición por facer valer esta normativa”, incluíndo a proposición de Lei do PSdeG para a dignificación das vítimas da ditadura.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar