Estrutura

Congreso Nacional

O Congreso Nacional é o órgano supremo e soberano do PSdeG. Está integrado polos delegados e delegadas elixidos nas Agrupacións Municipais.

O número de delegados e delegadas, que será establecido polo CNG e que poderá oscilar entre 400 e 600, fixarase tendo en conta o censo de militantes correspondente á data fixada polo Comité Nacional Galego (CNG), que convoca a celebración do Congreso.

O Congreso reúnese ordinariamente entre o terceiro e o cuarto ano dende a celebración do Congreso anterior, salvo que circunstancias especiais de interese político u orgánico aconsellen a modificación desta previsión temporal, e extraordinariamente cando o convoque o Comité Nacional Galego (CNG), a Comisión Executiva Nacional Galega (CENG) ou a metade máis un dos militantes.

Comité Nacional Galego (CNG)

O Comité Nacional Galego é o órgano máximo de dirección política entre Congreso e Congreso.

Son membros natos con voz e voto, a Comisión Executiva Nacional Galega; os/as 45 membros elixidos no Congreso Nacional; os/as representantes do PSdeG no Comité Federal; os/as membros da Comisión Nacional de Ética; o/a presidente/a da Xunta de Galicia, cando o PSdeG asuma a responsabilidade do Goberno e sexa militante; unha representación das Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG), sen que poida ser superior ao 5% do citado órgano nin inferior ao 2%; e, o Presidente ou Presidenta do Grupo Parlamentario Socialista de Galicia. Tamén son membros con voz e voto os delegados e delegadas elixidos nas Asembleas Municipais e intermunicipais.

O Comité Nacional Galego reúnese a lo menos tres veces ao ano, sendo convocado pola Comisión Executiva Nacional Galega (CENG). Tamén pode ser convocado con carácter extraordinario, cando o xulgue conveniente a Comisión Executiva Nacional Galega (CENG) ou o soliciten alomenos un tercioo (1/3) dos/as seus/súas compoñentes.

Comisión Executiva Nacional Galega (CENG)

A Comisión Executiva Nacional Galega realiza no ámbito de Galicia a política definida polos órganos de dirección do Partido, o Congreso Nacional e o Comité Nacional Galego adoptando para elo cantas decisións estímase necesarias, sempre de acordo coas normas e directrices emanadas daqueles.

Consello Territorial

O Consello Territorial é un órgano nacional ao que corresponde informar e asesorar sobre as políticas do Partido que afectan ao territorio e á cidadanía galega. O Consello Territorial será convocado polo Secretario Xeral da Comisión Executiva Nacional Galega (CENG).

O Consello está composto polo Secretario Xeral e unha representación da CENG, os/as catro Secretarios/as provinciais, os/as alcaldes/as ou portavoces socialistas das grandes cidades, os/as Presidentes/as socialistas das Deputación provinciais, o/a Presidente socialista na FEGAMP, os/as representantes socialistas dos Grupos Parlamentarios galego, español e europeo, o/a Secretario/a Xeral das XSG.

Comisión Nacional de Listas

A Comisión Nacional de Listas emitirá ditame previo á aprobación definitiva por parte do Comité Nacional dos/as candidatos/as e candidaturas nos diferentes procesos electorais.

Comisión Nacional de Ética

A Comisión Nacional de Ética elíxese no Congreso Nacional e estará integrada por tres membros.

É a encargada de recepcionar e custodiar as declaración de bens de todos os candidatos e candidatas do Partido nos diferentes procesos electorais.

A Comisión será competente para supervisar e controlar as situacións patrimoniais dos/as afiliados/as socialistas e as actividades económicas dos cargos públicos electos/as ou designados/as polo PSdeG-PSOE.

Pechar
Pechar

Escribe o teu nome de usuario ou o teu enderezo de correo. Recibirás por correo unha ligazón para creares un novo contrasinal.

Pechar

Pechar