Condicións laborais dignas para os axentes forestais e ambientais

Condicións laborais dignas para os axentes forestais e ambientais

Condicións laborais dignas para os axentes forestais e ambientais

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, e os responsables de Política Institucional e Gandaría, Juan Díaz Villoslada e José Manuel Pérez Seco, reclamáronlle hoxe á Xunta que impulse as negociacións sobre as condicións de traballo dos axentes forestais e ambientais de Galicia.

Os responsables socialistas mantiveron un encontro cos representantes destes colectivos nos sindicatos UGT e CIG antes da manifestación convocada para mañá xoves en Santiago para reivindicar un acordo de condicións de traballo digno.

O Grupo Socialista presentará unha serie de iniciativas parlamentarias para instar ao goberno galego a que impulse as negociacións co colectivo e “darlle unha solución antes do inicio da campaña de incendios”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar