Condenan que o Goberno continue negando ao Parlamento a documentación sobre as irregulairades do IGAPE

Condenan que o Goberno continue negando ao Parlamento a documentación sobre as irregulairades do IGAPE

Condenan que o Goberno continue negando ao Parlamento a documentación sobre as irregulairades do IGAPE

Méndez Romeu, portavoz de Industria, reprochou á maioría popular que se escuden na situación xudicial de parte dos documentos requiridos para xustificar que o Goberno non entregue os relativos ao malgasto de aluguer nunha oficina de Miami, ou as irregularidades de contratación en Sao Paulo.

O Grupo Socialista ven de esixir, mediante a defensa dunha Proposición non de Lei no Pleno de hoxe, que a Xunta traslade ao Parlamento de Galicia a información sobre o Igape e os contratos asinados por este instrumento de financiamento do Goberno galego, nos termos como foi aprobado por unanimidade pola Cámara galega o pasado 14 de febreiro.

Daquela se pedía ao Executivo información da relación do Igape con Laboratorios Nupel, Procesoil, Valorización de Residuos Gallegos, Galimed Trata, Vector Digital SL, ABH Consultoría, Albromat Servicios Integrales e Fundación Porto de Vigo.

O defensor da iniciativa, portavoz socialista de Industria, José Luis Méndez Romeu, recoñeceu que dita información se pode trasladar ao parlamento pola situación xudicial dalgún dos expedientes, tal e como argumentaron os populares. Pero o deputado socialista fixo notar que existen outros moitos puntos do acordo plenario de febreiro que os populares parecen querer agochar baixo a esta salvagarda, aínda que non lles afecta en absoluto.

Trátase, como expoñía Méndez, do resultado das investigacións internas do Igape no caso de detectarse condutas irregulares, deshonestas ou de conflitos de interese, así como dos expedientes disciplinarios iniciados. O parlamentario socialista teme que non se teñan producido as devanditas investigacións internas e que se pretenda tapar que continúan “alegremente” coas mesmas prácticas neglixentes denunciadas.

Acusa aos populares de escudarse nesa salvagarda xudicial para que non se dea a coñecer unha explicación satisfactoria da xunta respecto do sobre o malgasto en aluguer e contratos nunha oficina en Miami. Tampouco se dou conta ao Parlamento sobre o convenio asinado coa Confederación de Empresarios de Galicia para a xestión da rede PEXGA. Méndez Romeu reprocha ao Goberno que este siga sendo un documento secreto ao abeiro do que se fan contratacións de traballadores irregulares, escandalosamente fraudulentas, como foi denunciado nos propios organismos brasileiros.

Méndez Romeu tamén pediu explicacións sobre os motivos polos que se nega ao Parlamento a información sobre as axudas inferiores a 6.000 euros. Preguntou ao Grupo Popular e ao Goberno se creen que é posible que o Igape se poida dedicar a dar pequenas axudas aos produtores de uva e que isto signifique o 90% da actividade última do IGAPE.

Mentres, se teñen perdido 40.000 empregos industriais durante o mandato de Feijóo. Estase a producir unha caída en todos os sectores produtivos, mesmo nos que van ben no resto de España como é o caso do Turismo.

Méndez Romeu reprochou ao Grupo Popular que se escuden no cumprimento do primeiro punto, onde se fai referencia á documentación afectada por investigacións xudiciais, para incumprir por segunda vez un mandato do Parlamento de hai xa dez meses. “Se así vamos iniciar esta lexislatura, non creo que existan eses puntos de encontro dos que falaba o Presidente Feijóo no discurso de investidura”, aseverou o parlamentario socialista.

PRESIDENCIALISMO EVIDENTE

José Luís Méndez Romeu condenou a ausencia do conselleiro de Economía e Industria, para expoñer os obxectivos de Goberno e adiala ata o mes de febreiro. Un rasgo que comparte co resto do Executivo e semellan descoñecer os asuntos encomendados “ou non teñen nada que ofrecer”.

Cualificou esta actitude do Goberno de Feijóo de “fraude aos usos democráticos” por parte do Goberno. “É coherente co que fai acotío cos cidadáns do país”, dixo. “Se o goberno se amosa insensible diante do clamor cidadán, instalado nas rúas e nas prazas deste país demandando con anguria solucións urxentes aos seus problemas, non vai selo coa representación destes cidadáns, os grupos da oposición”, tira como conclusión Méndez.

Posición que, segundo o deputado socialista, “deixa en moi mala posición a esta Cámara como escenario privilexiado e civilizado do debate político”. O Goberno prefire o risco do conflito social, da traslación á rúa da frustración que sinte a cidadanía antes que avirse a debater sistematicamente na cámara os problemas existentes.

“Derivamos cara un presidencialismo evidente” advirte Méndez. O goberno só comparece cando quere e como quere e omite a información que non lle parece pertinente ou conveniente. “Estamos ante o que o grupo maioritario definirá como a aplicación práctica da maioría polas urnas, pero só un de cada catro outorgou a confianza ao grupo maioritario da cámara, tres de cada catro non teñen dado o seu apoio. Non pode ignorar esa situación”, espetou ao Grupo Popular o portavoz de Industria socialista.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar