Condenan os recortes sociais, interesados e ideolóxicos aplicados á sanidade pública para levar os cartos á privada

Condenan os recortes sociais, interesados e ideolóxicos aplicados á sanidade pública para levar os cartos á privada

Condenan os recortes sociais, interesados e ideolóxicos aplicados á sanidade pública para levar os cartos á privada

Carmen Acuña advirte que Galicia vai camiño de Madrid, polo imparable deterioro ao que se está a someter á Sanidade pública

Pregunta a Rocío Mosquera onde foron os cartos do recortes, taxas e copagos

Os socialistas desconfían dos métodos escollidos para as infraestruras porque só o CHUAC se afronta con fondos propios. Esixen que se rescate da vergonzosa parálise das obras ao Hospital de Vigo, logo do fracaso do modelo de financiamento escollido

Denuncia o recorte no capítulo 1, de persoal, de 23 millóns en primaria e 59 millóns en especializada

A parlamentaria socialista, Carmen Acuña, criticou o “temerario recorte” dos Orzamentos de Sanidade por parte do Goberno de Feijóo, e polo que levamos perdido xa uns 645 millóns de euros, máis dun 10%.

Para a portavoz de Sanidade do GP Socialista os presupostos de esta consellería deberan ter medrado de xeito progresivo, cada ano, polo que deberan rondar os 4.150 millóns de euros, en lugar dos 3.417 millóns de euros que vai destinar o Goberno galego en 2013, “un recorte de 111 millóns respecto do ano pasado, o 3,16%”, salienta Acuña.

Os socialistas cualifican os orzamentos presentados pola conselleira á Comisión de Orzamentos como “de dereitas, un pasiño máis cara o precipicio”. Son uns orzamentos cheos de recortes “sociais, interesados e ideolóxicos” que recortan no público para levarlle os cartos á privada, “empresas que vostede tan ben coñece, ata das que participa familiarmente” , acusou Acuña.

Preguntoulle á titular de Sanidade polos resultados dos recortes aplicados en Galicia polo Goberno de Feijóo, do catálogo de medicamentos, dos copagos e das taxas. Sería lóxico, para Acuña, que esas aportacións repercutiran agora en melloras. Pero nada diso. Acuña denuncia que continúa o “imparable deterioro da sanidade pública”. “Imos camiño de Madrid”, en referencia ás mobilizacións dos profesionais para a defensa da sanidade pública nesta comunidade.

Acuña lémbralle á titular de Sanidade que, por lei, a súa obriga é proporcionar unha atención sanitaria de calidade, pero ademais universal. “Sen embargo o PP nos deixa moi claro que non lle preocupa que a Sanidade sexa universal, agora xa só para os galegos e as galegas que estean asegurados”.

Para a deputada socialista este orzamentos “son tan do PP, que están cheos de mentiras”. Acuña acusa ao Executivo de Feijóo de prometer priorizar patoloxías, mentres que nos Orzamentos non destinan ningunha partida para isto. Prioriza a cardiopatía isquémica pero non contempla a unidade de hemodinámica para o Hospital de Lugo.

Reprochan os socialistas que os populares digan que priorizan o coidado da muller, cando se sospeita que queren cobrar as mamografías. O mesmo sucedería con coa promoción da saúde, que sufre un recorte do 50% do programa de prevención e loita contra a drogadicción. Condenan desde o PSdeG-PSOE que recorten recorten en dous millóns a atención a drogodependentes a través do convenio coa Fegamp e un 10% as axudas ás asociacións.

Os recortes afectan tamén á saúde mental, nun 50%, e tamén á sanidade ambiental e alimentaria. “Por recortar, recortan ata no programa de vacinación”, dixo Carmen Acuña, e que pasa de 15 a 12 millóns de euros.

Recortar en prevención é “pan para hoxe e fame para mañá” que logo pagan os doentes segundo a portavoz socialista. Acuña recrimina a Mosquera como se pode falar de eficiencia e eficacia mentres se recorta en prevención de enfermidades trasmisibles e nos programas de cribado poboacional.

Acuña non atopa ningunha solución para as listas de espera, “que agochan e non se atreven a publicar”, nestes Orzamentos.

Preguntou a socialista polo destino do aforro no Capítulo 1, de 23 millóns en primaria e de 59 millóns de euros en especializada, ironizando sobre o seu destino a cubrir o custe de altos cargos como o da “superxerente de Ourense, prima do Sr. Feijóo e que cobra máis que vostede”, espetou Acuña á conselleira.

En relación á atención primaria, contra a opinión dos expertos, o Goberno de Feijóo recórtalle 90 millóns de euros. Tamén se reduce o gasto en receitas, “porque agora paga o enfermo”, afirma a parlamentaria socialista. Pregunta polo destino dos 50 millóns aforrados en receitas, que terían que ir a Atención Primaria, segundo a propia lei do Catálogo.

Preocupa aos socialistas a desaparción de 2 millóns de euros para pagar efectos e accesorios de dispensación ambulatoria. Os socialistas temen que se estea a fraguar un novo copago en material de ortopedia ou produtos de farmacia hospitalaria.

No capítulo de infraestruturas, o PSdeG-PSOE recrimina ao Goberno Feijóo que só as obras do CHUAC se fagan con fondos propios, deixando o resto de investimentos a expensas de que “paguen os demais”, como os fondos AGADER; FEDER ou do Estado, e “siglas” como FCA, FCI, que Acuña considera “milongas pouco claras”. Dubida do futuro dos hospitais comarcais, e de obras anunciadas a bombo e platillo por Feijóo como o hospital 2050 de Ourense.

En relación ao Hospital de Vigo, Acuña aconsellou á conselleira que o “rescaten dese limbo” no que se atopa, froito da optar por un financiamento FPI, que parecía máis rápida, pero que resulta ser seis veces máis cara e acabou coa obra paralizada. Unha situación que a socialista cualifocou de “intolerable, cando tiña que dar cobertura sanitaria á poboación maior de Galicia”.

Finalmente recordou a Rocío Mosquera a herdanza que en materia de incumprimentos deixou Pilar Farjas en canto a construcción de centros de Saúde. “Se prometeran na lexislatura pasada construír 60, logo 29, despois 19, 18, 15...pero a realidade é que non se fixeron ningún”, concluíu Acuña, que tamén reprochou a discriminación do Morrazo á espera do CAR de Cangas, que parece que non se vai construír.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar