Condenamos o novo caso de violencia machista en Galicia e esiximos ao PP que convirta nunha prioridade a loita contra esta lacra

“Necesitamos un pacto político e social, pedimos responsabilidade ante un problema de Estado”, asegura Gómez Besteiro

Os socialistas galegos lamentan e condenan o novo caso de violencia de xénero no municipio de Barro, que eleva a seis as mulleres falecidas no que vai de ano en Galicia (un total de 37 en toda España”.

“Hoxe temos que lamentar un novo asasinato por violencia machista en Galicia; basta xa, esiximos responsabilidade ante un problema de Estado”, asegura o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro.

En opinión do líder dos socialistas galegos, “a loita contra a violencia de xénero ten que ser una prioridade, unha cuestión clave na axenda política para a que necesitamos un pacto social e político”.

Os socialistas critican desde hai tempo en toda España os recortes do Goberno do PP en materia de prevención e asistencia ás vítimas de violencia machista. En Galicia, a Xunta aplicou este ano 2014 o maior recorte en Políticas de Igualdade dende 2009.

“Pedimos de novo ao Executivo de Rajoy que convoque a todas as institucións, organizacións e partidos para analizar e propoñer melloras nesta loita, porque só cun gran acordo social e político podemos combatir con eficacia a violencia de xénero”, engade Besteiro.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar