Conde Roa tomou “a única decisión posible” como final á “crónica dunha dimisión anunciada”

Conde Roa tomou “a única decisión posible” como final á “crónica dunha dimisión anunciada”

Conde Roa tomou “a única decisión posible” como final á “crónica dunha dimisión anunciada”

Fernández Leiceaga apunta que o PP “solucionou o problema tardiamente” xa que “era coñecedor dalgunhas das dificultades que arrastraba” cando se presentou para alcalde de Santiago de Compostela

O parlamentario socialista Xoaquín Fernández Leiceaga dixo que Conde Roa tomou “a única decisión posible” como final á “crónica dunha dimisión anunciada”. Así o dixo logo de coñecer a decisión do ata hoxe alcalde de Santiago de Compostela, coa que o PP “solucionou o problema tardiamente” xa que “era coñecedor dalguhas das dificultades que arrastraba” cando se presentou ás eleccións.

O parlamentario compostelán dixo que, diante da situación do alcalde, ao que a Axencia Tributaria inspecciona por unha débeda de 290.000 euros por impago de IVE “non está nas mellores condicións para representar á cidade, polo que o correcto é presentar a dimisión e abrir unha nova etapa”.

Lembrou que a semana pasada o propio parlamentario socialista dixera que “Compostela e os seus cidadáns non podían permitirse que o alcalde seguira un día mais” e que malia que “seguiu catro ou cinco días ao final tomou a única decisión posible, que é presentar a súa dimisión”.

Solución tardía

O responsable socialista sinalou que, con esta decisión, o PP “soluciona o problema tardiamente” xa que coñecía a situación do ata hoxe alcalde compostelán cando aprobou a súa candidatura. Lembrou que o propio Conde Roa ten recoñecido el mesmo que defraudou 290.000 euros á facenda pública aínda que, puntualizou, el mesmo non recoñeza esta débeda como fraude.

Dixo sen embargo que “veremos ao final qué ocorre” pero puntualizou que “segundo tódolos indicios cometeu delito” ao renunciar ao pago do IVE sen comunicárllelo á Axencia Tributaria, unha conduta que “debe levar á dimisión”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar