O concerto económico para Galicia resulta "inoportuno politicamente, imprudente legalmente e insensata dende o punto de vista económico"

O concerto económico para Galicia resulta "inoportuno politicamente, imprudente legalmente e insensata dende o punto de vista económico"

O concerto económico para Galicia resulta “inoportuno politicamente, imprudente legalmente e insensata dende o punto de vista económico”

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, rexeitou a proposta de concerto económico para Galicia presentada hoxe polo BNG por considerala “inoportuna politicamente, imprudente legalmente e insensata dende o punto de vista económico e financeiro”.

Advertiu do risco de iniciar este debate “coas augas revoltas pola cuestión catalá” na busca de privilexiar a autonomía “fronte ao criterio de equidade e eficiencia”. Advertiu que con este novo modelo “Galicia non sería capaz de financiar as súas necesidades cos recursos que xera” e que suporía “máis financiamento para as autonomías con maior capacidade fiscal e menos financiamento para as que temos menos capacidade”.

Cuestionou ademais a viabilidade legal desta reforma, que vai contra o principio constitucional de solidariedade. Finalmente, sinalou que se trata dunha proposta “pouco sensata dende o punto de vista económico e financeiro”. Explicou que Galicia recibe máis ingresos dos que aporta ao Estado, co que implantar o novo modelo suporía reducir os ingresos de Galicia por enriba de 1.000 millóns de euos ao ano.

Acusou ao Grupo do BNG de “buscar un sacrificio económico na persecución dun obxectivo ideolóxico” que suporía de facto “menos servizos públicos e unha menor capacidade para atender as necesidades de gasto”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar