Concepción Burgo: “O déficit que Feijóo dicía que estaba niquelado resulta que estaba falseado”

Concepción Burgo: “O déficit que Feijóo dicía que estaba niquelado resulta que estaba falseado”

Concepción Burgo: “O déficit que Feijóo dicía que estaba niquelado resulta que estaba falseado”

A cabeza de lista do PSdeG-PSOE por Lugo, Concepción Burgo, participou nun reparto de información electoral no mercado de Frigsa, en Lugo, no que deu a súa visión sobre o debate de onte entre Pachi Vázquez e Feijóo. “Non hai nada do que di Feijóo,nós xa o vimos advertindo desde hai tempo, e por riba hoxe enterámonos de que o control do déficit que Feijóo dicía que estaba niquelado levaba moito tempo con cifras falseadas”, afirmou.

“Toda a cidadanía galega puido ver que temos un grande líder, un proxecto sólido e estamos cerca da xente”, destacou a socialista, que viu a Pachi Vázquez “claro gañador” e a Feijóo “moi nervioso e sen argumentos para defender a súa xestión”. Burgo asegura que “hai un proxecto alternativo, que demostra que non hai por que resignarse, que ten futuro e que lle transmite aos cidadáns que a actual angustia pode ser cambiada”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar