Concepción Burgo: “Feijóo investiu un 40% menos no turismo galego e borrou Lugo do mapa turístico”

Concepción Burgo: “Feijóo investiu un 40% menos no turismo galego e borrou Lugo do mapa turístico”

Concepción Burgo: “Feijóo investiu un 40% menos no turismo galego e borrou Lugo do mapa turístico”

A cabeza de lista do PSdeG-PSOE por Lugo, Concepción Burgo, e o número dous da candidatura, Carlos González Santín, reuníronse na Cámara de Comercio con representantes da Asociación Provincial de Hostelería de Lugo, “un sector fundamental para a provincia”, como destacou a socialista, que sofre a suba de taxas, a falta de plans de desenrolo e apoio e a caída do sector turístico. Burgo incidiu en que “desde que Feijóo está na Xunta, o investimento en turismo en Galicia caeu un 40% e borrou Lugo do mapa, o que é “totalmente inadmisible”. A candidata destacou que a hostelería “ten un nivel de emprego moi alto, e como sucede sempre en especial con Lugo, está moi abandoado pola Xunta”.

“Como consecuencia destas políticas de abandono, nos últimos anos, incluso co Xacobeo por medio, o turismo caeu en Galicia, a pesar de que é un dos poucos sectores que segue a crecer no resto de España”, explicou Burgo, que apuntou ademais que nesta etapa as pernoctacións caeron un 37% e a hostelería pasou de representar o 12% do PIB galego ao 10%. “É unha política errada que nos leva cara atrás, e en Lugo o turismo debe ser un sector estratéxico tratado como tal, porque temos unha hostelería de primeira calidade e uns recursos monumentais e paisaxísticos espectaculares”, afirmou. A socialista citou como exemplos na cidade “o abandono do cuartel de San Fernando, declarado BIC, ou os esforzos que houbo que facer para que fixesen algo na muralla, que aínda ten moitas carencias”, ademais de destacar “o camiño de Santiago, totalmente abandoado, ou a falta de plans para potenciar zonas como a Ribeira Sacra, a Mariña ou a montaña lucense, que só reciben apoio desde a Deputación”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar