Burgo critica a "submisión" da Xunta aos intereses da familia Franco ao pechar o Pazo de Meirás

Burgo critica a "submisión" da Xunta aos intereses da familia Franco ao pechar o Pazo de Meirás

Burgo critica a "submisión" da Xunta aos intereses da familia Franco ao pechar o Pazo de Meirás

A portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Concepción Burgo, criticou a “submisión da Xunta aos desexos da familia Franco” ao pechar o Pazo de Meirás ao público durante o mes de agosto. Burgo presentou unha serie de iniciativas no Parlamento para que o Executivo expoña publicamente os motivos que o levan a incumprir a Lei de Patrimonio Cultural.

Burgo sinala que o Goberno galego “se prega aos desexos da familia Franco e aos seus intereses nunha actitude bochornosa para un goberno democrático” xa que “defende unicamente os intereses particulares desta familia” a pesares de que iso supoña “incumprir a Lei que obriga aos donos de bens declarados BIC á súa apertura un mínimo de catro días ao mes”.

Engade que o goberno galego ten tomado unha decisión “inaceptable por canto supón de menosprezo aos dereitos dos cidadáns de Galicia”. A responsable socialista lembra que “xa no seu día denunciamos un trato de favor inaceptable a esta familia que non se da a outros propietarios de BIC” que hoxe queda “aínda mais claro”.

Explica que a Xunta de Galicia, presidida por Feijóo, “dilatou de forma innecesaria a súa apertura ao público e asinou un convenio coa familia que na práctica significa aceptar tódalas peticións dos Franco”. A situación estendeuse ao punto de “asumir obrigas que non ten legalmente a Xunta, como pagar todos os gastos da empresa de seguridade e dos guías e impoñer días e horarios de visitas moi cativos e restrinxidos aos venres”.

Ademais, a Xunta “accedía tamén a que a visita ao interior fora moi curta e limitada a moi poucas estancias” mentres as explicacións dos guías deran “unha visión sesgada da historia do Pazo”. Agora decide inexplicablemente pechar o pazo ás visitas durante o mes de agosto, o de mais afluencia turística, cando as peticións de visitas xa completaron as prazas para todo o ano 2011.

Os socialistas preguntan por este motivo sobre os motivos para a anulación das visitas públicas neste mes, si as manterán en 2012, xa que o convenio coa Xunta ten unha duración dun ano, así como as condicións e custe que ten asumido a Xunta coas empresas que xestionan as visitas e a seguridade.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar