Concepción Burgo: “Comezamos a campaña co paro, do que Feijóo non quere falar, como eixo fundamental”

Concepción Burgo: “Comezamos a campaña co paro, do que Feijóo non quere falar, como eixo fundamental”

Concepción Burgo: “Comezamos a campaña co paro, do que Feijóo non quere falar, como eixo fundamental”

A cabeza de lista do PSdeG-PSOE lugués, Concepción Burgo, participou no reparto de información polo centro de Lugo xunto co presidente do PSdeG, José López Orozco, o senador Ricardo Varela, o número dous provincial, Carlos González Santín, e outros membros da candidatura e do partido. Burgo afirmou que os socialistas comezan o primeiro día de campaña “con moita confianza, sabendo que o PSdeG é a única forza que pode liderar o cambio en Galicia” e “coa principal preocupación dos galegos, o paro, ese problema do que Feijóo non quere falar, como eixo fundamental”.

“Feijóo, ante a gravidade dos datos, prefire non falar do tema e dedicarse a outras cousas, xa que non ten argumentos para defenderse despois de dicir que ía rematar co desemprego en 45 días”, asegurou Burgo, que lembrou que “desde que goberna Feijóo hai 113.000 parados máis, estamos cada vez peor e con menos políticas de emprego, o que se reflicte tamén nos presupostos de Rajoy”. A candidata por Lugo sinala que o PSdeG “porá todo o esforzo no emprego”, cun programa de becas para os mozos, apoio aos pequenos empresarios e detendo a “sangría” de despidos de traballadores públicos.

Alcoa

Neste mesmo sentido, Burgo quixo acordarse “dos traballadores de Alcoa” que hoxe tiveron unha nova concentración á que acudiron os candidatos socialistas da Mariña. “Desde o PP teñen a desfachatez e a cara de seguir afirmando que xa está todo listo e que o ministro veu para traer a solución; que vaian dicirllo á cara aos traballadores que hoxe seguen coas protestas en San Cibrao e que temen polos seus postos de traballo”, afirmou. Burgo insistiu en que “o que precisa Alcoa non son palabras, acábase o tempo e teñen que chegar a un acordo a longo prazo que sexa garantía de investimentos e do mantemento da fábrica en San Cibrao; o resto é xogar co sufrimento das persoas e unha auténtica irresponsabilidade”, destacou, e esixiulle a Feijóo “deixar xa as fotos, os enganos e mentiras para apañar votos, como fixo con Pemex”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar