Concepción Burgo chama a votar para dar paso a unha política de crecemento e emprego

Concepción Burgo chama a votar para dar paso a unha política de crecemento e emprego

Concepción Burgo chama a votar para dar paso a unha política de crecemento e emprego

O deputado socialista por Lugo, José Blanco, asegurou que o 21 de outubro é un “referendum” no que os cidadáns teñen que dicirlle “non” á política de recortes dos gobernos de Rajoy e Feijóo, que “só conduce a máis dificultades”.

Nunha visita ao mercado do Parque de Frigsa, na que estivo acompañado pola cabeza de lista pola provincia de Lugo, Concepción Burgo, Blanco sostivo que o que convocaron Feijóo e Rajoy é “un referendum”. “Un referendum sobre unha forma de facer politica que está a castigar á inmensa maioría dos cidadans. Nese referendum, temos que dicir non aos recortes, non á emigración”, remarcou.

Nesa liña, incidiu en que hoxe coñeceuse que “cada mes emigran de galicia 2.000 mozos como consecuencia das políticas que está a facer a dereita, que non xera nin expectativas nin horizontes, nin futuro para eles”. “É un auténtico drama que Galicia estea a exportar xente preparada, cualificada que non ten emprego porque o goberno de Galicia está a mirar para outra parte, non é a súa pioridade, non falan diso e o único que nos di é que todo vai mellor. E hoxe todos os cidadáns saben que estamos peor obxectivamente que fai catro anos e inmensamente peor que fai un ano cando gañou Rajoy”.

Por iso, Blanco salientou a necesidade de dicir co noso voto “non á barra libre”. “Se o PP ten maioría absoluta interpretarán que teñen barra libre para seguir facendo recortes, para rebaixar as pensións, para aumentar o copago, para sacar da sanidade servizos como as maografías ou as ambulancias, para aumentar as taxas universitarias ou para mirar para outro lado, como veñen facendo ante o drama do desemprego en Galicia”, apuntou.

“Temos que dicir non a unha política de austeridade que o único que fai é que as familias cada vez pasen máis dificultades. Iso é o que se xoga Galicia e España, un non ao referendum que acaba de convocar Rajoy e Feijóo, este referendum téñeno que gañar os cidadáns e só o poden gañar votando e votando que non a unha forma de facer política”.

“Quero pedir a todos os que aínda non decidiron o voto, que é unha inmensa maioría, que pensen que coa indiferencia, coa resignación non se cambia un goberno. Só se pode cambiar un goberno ou castigar un goberno co voto o 21 de outubro”, concluiu.

Pola súa banda, Concepción Burgo sinalou que cada vez “é máis evidente que a xente quere un cambio, que sabe xa que as políticas conservadoras non dan saída a esta crise” polo que concluir que “é necesario cambiar por unha política de crecemento e de fomento do emprego”. “Hoxe vimos como a provincia de Lugo e toda Galicia está sufrindo unha sangría moi grave de mozos que saen a un ritmo de 70 ao dia de Galicia. Iso para lugo é ainda moito peor porque estamos a sufrir un grave despoboamento. Isto só se corrixe con políticas e plans de emprego que o socialistas levamos no programa electoral”, salientou a cabeza de lista, quen animou ao voto “a todos os que saben que coa políticas da dereita non vamos a ningunha parte”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar