Concepción Burgo afirma que “en Lugo hai 27.000 razóns” para pedir un cambio e “votar ao PSOE”

Concepción Burgo afirma que “en Lugo hai 27.000 razóns” para pedir un cambio e “votar ao PSOE”

Concepción Burgo afirma que “en Lugo hai 27.000 razóns” para pedir un cambio e “votar ao PSOE”

A cabeza de lista do PSdeG-PSOE por Lugo, Concepción Burgo, e o número dous da candidatura, Carlos González Santín, participaron nunha reunión cos dirixentes das tres principais centrais sindicais na provincia. Burgo destacou que en Lugo “hai 27 mil razóns” para pedir un cambio e “votar ao PSOE”, en referencia ao actual número de desempregados. A socialista lembrou que o paro en Lugo “incrementouse nun 35%” desde que goberna Feijóo, e moitos dos afectados atópanse ademais “nunha situación desesperada, porque moitos xa non teñen ningún recurso”. Na reunión fixo referencia ademais a temas como o de Alcoa, “nos que o PP, como en tantas outras ocasións, segue sen dar solucións e con enganos á xente, xogando cos postos de traballo nun tema que é extremadamente grave para a provincia”.

 

A candidata socialista destacou que os sindicatos son unha das institucións “máis maltratadas” e “ninguneadas por Rajoy e Feijóo” con temas como a reforma laboral, en contra da necesidade “dunha negociación e diálogo”. Neste senso, asegurou que o PSdeG vai poñer en marcha “políticas de crecemento, que son as que traerán emprego a este país” nunha aposta polos sectores produtivos. “Imos ter unha actitude distinta, de concerto, de diálogo, de tratar os problemas coa xente e cos sindicatos” antes de tomar decisións.

 

Pola súa banda, o número dous da lista luguesa, Carlos González Santín, contrapuxo a actitude do candidato á Xunta Pachi Vázquez, que fala “dos problemas da xente” á de Feijóo, que só se preocupa “por temas como a conferencia de presidentes e que lle cadren as contas, que xa vemos de que maneira lle cadran, porque o Consello de Contas di que o señor Feijóo fai trampas, e quero recordar que é o maior órgano que fiscaliza as contas de Galicia. Presume das súas contas e a súa xestión, que é nefasta”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar