Comunicado de José Ramón Gómez Besteiro tras coñecer a súa imputación a través dos medios

Comunicado de José Ramón Gómez Besteiro tras coñecer a súa imputación a través dos medios

Comunicado de José Ramón Gómez Besteiro tras coñecer a súa imputación a través dos medios

COMUNICADO GÓMEZ BESTEIRO

1. Acabamos de celebrar unha reunión extraordinaria da Executiva Nacional Galega que convoquei onte despois de coñecer a noticia que me afecta para explicarlles aos compañeiros en primeira persoa todo o referente a este asunto e para trasladarlles que tamén onte mesmo quixen informar directamente á dirección federali.

2. Os únicos datos que coñezo son os publicados polos medios de comunicación, polo que entenderán a miña precaución á hora de facer valoracións públicas e a inadmisible indefensión da que son vítima neste momento.

3. Estou absolutamente seguro de que quedará demostrado que o concello de Lugo sempre actuou con responsabilidade e conforme á legalidade vixente. Estamos a falar dun procedemento urbanístico tramitado hai 10 anos polo Concello con todos os informes técnicos favorables. Confío no funcionamento do Concello de Lugo, na súa solvencia técnica e profesional.

4. Lémbrolles que estamos a falar da zona do Garañón, que como ocorría en todo o municipio, está sometida ao Plan Xeral de Ordenación Municipal do ano 1991 aprobado polo Partido Popular.

5. No referente á información publicada sobre a miña familia, quero lembrar o seguinte:

-No mes de outubro de 2013 comecei a exercer como Secretario Xeral dos socialistas de Galicia

-No mes de decembro do 2013 coñezo polos medios de comunicación que este mesmo xulgado investiga o único piso que posúo ao 50% en réxime de separacións de bens.

-Por iniciativa propia, envío a información que considero pode ser de interese do xulgado

-Nada volvo a saber nun ano e medio.

-O pasado 24 de xuño deixo de ser Presidente da Deputación de Lugo por iniciativa propia para centrarme no traballo do proxecto socialista en Galicia

-Segundo os medios, ao día seguinte unha empresa con intereses inmobiliarios no zona do Garañón volve enviar ao xulgado un novo escrito no que pide expresamente a miña imputación por un asunto de hai 10 anos.

-Só 8 días despois este xulgado xa da por bo este escrito e procede a miña imputación, entre outras.

Cada quen que saque as súas conclusións sobre os tempos xudiciais e políticos.

-Son o primeiro interesado en esclarecer calquera dúbida sobre a miña honorabilidade. Por iso, presentarei no xulgado a ampliación da información que, inexplicablemente, parece non ter quedado clara ata o momento.
As elucubracións son tan disparatadas que se chega a dIcir que non se sabe de onde saen os cartos cos que pagamos o noso piso. Pois proveñen de algo tan normal como unha conta vivenda e unha hipoteca.
E por que teño o 50% da miña única vivenda nese edificio, que ten máis de 30 anos de antigüidade? Pois porque nese momento os dos meus fillos eran pequenos e nese mesmo edificio sempre viviron e viven os meus sogros na casa familiar na que tamén vivía a miña muller antes de casar.

6. Ante esta situación de inadmisible indefensión, esixo todas as garantías no proceso xudicial e a resolución desta investigación coa maior celeridade posible polo prexuízo que está a causar sobre a miña inocencia, honorabilidade e da miña familia.

32641281A

Artigos relacionados

1 Comentarios

  1. xosé manuel carballo
    Xullo 5, 2015 a 23:38

    Otra peza abatida pola segunda cazadora de Lugo. Agora primeira. Que defende a Xustiza da xustiza? Xa estamos afeitos a que os tempos da xustixa estean á espreita pra condicionar os tempos da política. Cando se piderán esixir danos e prexuizos a xuices señores (as) de vidas e facendas?

Deixar a resposta

Pechar