Compromiso socialista coa visibilidade LGTB e a normalización en todos os ámbitos

Compromiso socialista coa visibilidade LGTB e a normalización en todos os ámbitos

Compromiso socialista coa visibilidade LGTB e a normalización en todos os ámbitos

O Secretario de Movementos Sociais, Iván Puentes, encabezou a nutrida comitiva socialista que participou na V edición do Xantar pola Visibilidade LGTB que organizou na Carballeira de Bandeira, no concello de Silleda, 7 Cores, o grupo LGTB do PSdeG-PSOE.

Ademais de Puentes, estiveron presentes o alcalde socialista de Silleda, Manuel Cuiña, a senadora socialista, Paula Fernández, a parlamentaria autonómica portavoz de Políticas Sociais, Carmen Gallego, e o Secretario Xeral das XSG, Aitor Bouza.

O responsable de 7 Cores, Fito Ferreiro, recordou que o cometido destes xantares é o de reivindicar o dereito das persoas lesbianas, gais, transexuais ou bisexuais a vivir a súa realidade afectivo/sexual nas vilas, aldeas e pobos onde naceron, “sen ter que marchar ás grandes cidades para poder vivir plenamente a súa condición.

Na presente edición o grupo LGTB dos socialistas galegos homenaxeou a Silvia Fraga, deputada socialista na pasada lexislatura e redactora da Lei de Visibilidade LGTB. Fraga salientou que a elaboración da lei de visibilidade foi “o traballo máis satisfactorio que emprendín no Parlamento de Galicia”.

O primeiro compromiso dun socialista debe ser “garantir a dignidade e a liberdade de todos os cidadáns e esta lei contribúe e elo” dixo Silvia Fraga, para engadir que “nun ámbito como o galego, especialmente no rural, a vida do colectivo LGTB segue a ter infinidade de dificultades".

O Secretario de Movementos Sociais, Iván Puentes, lembrou a aprobación en 2005 da lei do matrimonio homosexual, que permitiu algo moi importante, “recoñecer legalmente os dereitos das persoas LGTB e que hoxe a súa defensa forme parte do politicamente correcto, tanto que incluso os membros do PP, que a recorreron ao Constitucional, hoxe non se atrevan a defender publicamente os argumentos contra a igualdade que sostiñan hai pouco tempo porque senten vergoña”, afirmou .

A lei de Igualdade de Galicia, impulsada de novo polos socialistas, “é un paso máis, pero aínda queda pendente o traballo máis importante, a normalización real en todos os ámbitos da sociedade: que ninguén se avergoñe por ter un fillo ou un familiar homosexual ou que ningún empresario dubide en contratar a alguén pola súa orientación sexual” proclamou o responsable de Movementos Sociais dos socialistas galegos. Non hai normalización sen visualización e por iso hai que seguir traballando na rúa todos os días, “labor na que o PSdeG está comprometido ao 100%”, aseverou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar