Compromiso de Feijóo para garantir chan industrial competitivo no sur de Pontevedra

Compromiso de Feijóo para garantir chan industrial competitivo no sur de Pontevedra

Compromiso de Feijóo para garantir chan industrial competitivo no sur de Pontevedra

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, esixiu hoxe o compromiso do presidente da Xunta coa promoción de solo industrial no sur de Pontevedra. O responsable socialista anunciou hoxe a pregunta ao presidente do próximo Pleno, que estará centrada na falla dunha oferta en Galicia que poida competir coa oferta do norte de Portugal.

Fernández Leiceaga puxo o caso da Plisan como exemplo do fracaso da política de chan industrial do goberno galego, xa que logo de 17 anos de trámites “aínda estamos lonxe de que acolla á primeira empresa ou o primeiro emprego”. Mentres, o país veciño inxecta importantes investimentos dirixidos a ofrecer can industrial de boa calidade a baixo custe, un proceso que cada vez atrae a máis empresas do sur de Galicia.

O portavoz socialista explicou que “debemos aspirar a segmentos de produción con maior valor engadido e menos dependentes de traballo cualificado” para poder competir coa agresiva competencia de Portugal.

Explicou ademais que a próxima sesión plenaria incluirá unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para pedir a supresión dos aforamentos aos parlamentarios autonómicos. Explicou que se trata dun primeiro paso para a supresión dun instituto de protección que require dunha modificación legal profunda.

Fernández Leiceaga sinalou que hoxe hai “demasiados aforados” e puntualizou que “temos que dar exemplo” para achegar os niveis de protección dos representantes públicos ao dos países do entorno europeo, na liña que están seguindo cada vez máis comunidades autónomas.

A sesión plenaria da próxima semana comezará cunha proposición de Lei de reforma dos Orzamentos para que a Xunta esgote a capacidade de endebedamento permitida polo Consello de Política Fiscal e Financeira. Isto suporía acadar unha décima adicional sen custe nin risco para a estabilidade financeira, o que suporía 60 millóns de euros adicionais para os orzamentos do goberno galego.

Fernández Leiceaga propuxo dedicar esta contía adicional a reformar a rede de inclusión social de Galicia, reforzar o servizo de axuda á Dependencia e incrementar o programa de apoio a familias en dificultades con nenos menores a cargo.

O Pleno da próxima semana tamén tratará unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para a creación de xulgados especializados nos casos de cláusulas solo, o que permitiría unha “resposta rápida e homoxénea” a estes litixios. Tamén incluirán dúas preguntas sobre a ampliación do Hospital Universitario de Ourense e a incorporación dun servizo de Medicina Forense no Hospital da Mariña de Lugo.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar