Comprometen o apoio á iniciativa lexislativa popular para a continuidade de preescolar na casa

Comprometen o apoio á iniciativa lexislativa popular para a continuidade de preescolar na casa

Comprometen o apoio á iniciativa lexislativa popular para a continuidade de preescolar na casa

Os parlamentarios socialistas, Carmen Acuña e Xoaquín Fernández Leiceaga, recibiron no Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia a unha representación dos traballadores de Preescolar na Casa, fundación que se verá sometida a un concurso de acredores a partires deste mes de xuño.

O portavoz e a representante do Grupo Socialista na Comisión de Educación trasladaron aos traballadores a intención dos socialistas galegos de apoiar a iniciativa lexislativa popular, avalada por 26.000 firmas, xa presentada na Cámara e que pretende garantir a viabilidade do proxecto.

Os deputados socialistas comprometéronse a intentar axilizar ao máximo os trámites parlamentarios para que a iniciativa se tramite canto antes. Adiantáronlle tamén o seu voto favorable á súa toma en consideración.

Acuña e Leiceaga salientaron a importancia do programa educativo da Fundación Preescolar na Casa, tanto pola súa contribución ao equilibrio territorial, axudando a garantir os servizos básicos da poboación infantil no conxunto do territorio, como porque favorece a escolarización temperá de todos os nenos. Na actualidade 4.000 familias se benefician deste programa, que ten un alto nivel de eficiencia e un custe moi baixo por alumno, da orde de 200€/ano.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar