Comprometen destinar un 2% do PIB galego a I+D+i para acadar a media europea de investimento en innovación

Comprometen destinar un 2% do PIB galego a I+D+i para acadar a media europea de investimento en innovación

Comprometen destinar un 2% do PIB galego a I+D+i para acadar a media europea de investimento en innovación

Pachi Vázquez visitou o Viveiro de Empresas e o CITIC da Universidade da Coruña. Felicitou á mocidade emprendedora polas súas iniciativas e a dirección da UDC por paliar os efectos da suba das taxas favorecendo o fraccionamento do pago.

Galicia dedica menos do 1% do PIB a I+D+i. O Secretario Xeral dos socialistas galegos propuxo un incremento do 20% dos recursos anuais ata chegar o 2% do PIB, e abrir a porta para saír da crise a través do coñecemento, a innovación, a investigación e a internacionalización.

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, ven de adquirir publicamente o compromiso de que Galicia dedique o 2% do PIB a Investigación, Desenvolvemento e Innovación (I+D+i), acadando así a media europea de investimento en innovación.

O dirixente socialista fixo estas declaracións o remate da visita o Viveiro de Empresas da Universidade da Coruña (UDC) , á Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación e o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC). Durante o percorrido a estas instalacións universitarias Pachi Vázquez estivo acompañado polos Vicerreitores de Investigación, Ricardo Cao e de Titulacións en Calidade e Novas Tecnoloxías, Julio Abalde. Tamén estiveron a responsable do CITIC, Bertha Guijarro e a responsable dos Viveiros de Empresa, Pilar Pintor.

Vázquez compartiu cos Vicerreitores como o Lendakari Pachi López comentaba o máximo responsable dos socialistas galegos a súa previsión de incrementar ata o 3% do PIB vasco o investimento de Euskadi en I+D+i. Salientou a diferenza destes obxectivos coa situación de Galicia que lle dedica menos do 1% do PIB.

“O camiño do futuro é un país que aposta pola innovación, o coñecemento, a investigación e o desenvolvemento”, afirmou Pachi Vázquez. A continuación explicou que un incremento anual do 20% dos recursos ata chegar o 2% do PIB, colocaría a nosa comunidade na media europea de investimento en innovación. “Que ninguén se chame a engano non hai outras portas para saír da crise mais que apostar polo coñecemento, pola innovación, pola investigación, polo desenvolvemento e a internacionalización”, explicou.

Vázquez recoñeceu certa envexa do anuncio do presidente francés François Hollande da contratación de 60.000 docentes máis para dedicarse fundamentalmente á investigación e innovación. Afondou no seu argumento de que a saída da crise pasa por innovar e “aplicar ós sectores estratéxicos novas tecnoloxías que nos fagan mais competitivos e que sexamos capaces de internacionalizar os nosos produtos”. Felicitou a Universidade da Coruña polo traballo que desenvolve nese sentido.

Tamén fixo extensiva a felicitación a dirección da UDC polo fraccionamento do pago de matrícula e das taxas que considerou absolutamente “inxustas”. “Eu creo que cargarlle esta crise o nosos estudantes paréceme un erro, en todo caso esta universidade esta sendo solidaria favorecendo que se poidan fraccionar”, recriminou aos gobernos de Rajoy e Feijóo.

Criticou tamén os recortes de proxectos competitivos nas universidades por parte da Xunta de Galicia. Para Pachi Vázquez sería necesario un acordo para conseguir implementalas. Diante do Viveiro de Empresas da UDC o líder dos socialistas galegos puxo en valor a posta polo emprendemento de multitude de rapazas e rapaces que toman iniciativas empresariais en novas tecnoloxías e actividades innovadoras moi competitivas. “Eu creo que é unha bocanada de aire fresco para o futuro de Galicia”, sentenciou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar